DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Venres, 09 de novembro do 2007

Semana da Ciencia 2007

A Universidade espalla a ciencia polo campus e a cidade

Con mostras sobre natureza, medio mariño ou nanotecnoloxía


ImageO medio mariño, a bioloxía, a nanotecnoloxía, o medio ambiente ou a astronomía son algunhas das disciplinas que, dentro da programación da Semana da Ciencia, se pretenden achegar dende a Universidade á cidadanía. Esta iniciativa, que se celebra por sexto consecutivo a nivel nacional, ten como obxectivo a divulgación e a creación dunha cultura científica asentada sobre o gusto por este tipo de coñecementos que, en moitos casos, non teñen calado na sociedade.
Entre as máis de cen actividades que esta Semana da Ciencia espalla por Galicia, a Universidade de Vigo colabora en seis iniciativas que comprenden conferencias, mostras, visitas a lugares de interese científico e obradoiros. A partir deste luns 12 de novembro e ata o día 18, a ciencia estará ao alcance de toda a cidadanía. A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla acollerá unha mostra sobre a vida mariña na illa e a ETSE de Minas organiza unhas xornadas sobre a titulación e o seu traballo a prol do medio natural. Xunto con elas, a Semana da Ciencia comprenderá tamén unha exposición fotográfica sobre a revolución da nanotecnoloxía, un concurso para construír unha célula, un obradoiro de astronomía e a realización dun documental sobre investigadores galegos que traballan nos Estados Unidos.

 

Xoves, 08 de novembro do 2007

Concurso na Facultade de Bioloxía

Os estudantes terán que pór a punto a súa agudeza co deseño e construción dunha célula

Os traballos terán que presentarse do 12 ao 14 de novembro

ImageVisualizar dunha forma lúdica e atractiva a célula, este é o obxectivo do primeiro concurso “Deseña e constrúe unha célula” que, organizado desde a Facultade de Bioloxía, achegará aos estudantes da provincia a unidade esencial que forma a todo ser vivo.
O concurso, organizado con motivo da Semana da Ciencia 2007, conta con cinco categorías de participación: infantil, primaria, secundaria, bacharelato e FP, e estudantes universitarios
Martes, 30 de outubro do 2007

Nun seminario organizado polo MEC

Presentadas as principais propostas españolas para a construción do Espazo Europeo de Investigación (ERA)


As principais propostas españolas para a construción do Espazo Europeo de Investigación (ERA), foron presentadas este martes no transcurso dun seminario organizado pola Oficina Europea do Ministerio de Educación e Ciencia, titulado “España en el futuro Espacio Europeo de Investigación”.
No seminario, celebrado en Madrid, déronse a coñecer as principais conclusión dos seis grupos de traballo que deste hai meses analizan os retos pendentes para lograr que a Unión Europea forme un espazo de investigación común.
Venres, 26 de outubro do 2007

A contía das axudas oscila entre os 400 e os 100 euros

Últimos días para a presentación das axudas á investigación en lingua galega

ImageO martes 30 de outubro remata o prazo de presentación de solicitudes ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega das teses de doutoramento, teses de licenciatura, traballos tutelados de investigación de terceiro ciclo e dos traballos e proxectos de fin de carreira.
Ás axudas poden acceder estudantes que realicen a redacción e defensa, dos traballos antes citados, en lingua galega durante o ano 2007, aínda que nesta convocatoria tamén se inclúen as solicitudes que foron presentadas no último trimestre do 2006 e non foron incluídas na resolución de xaneiro deste ano.
Mércores, 10 de outubro do 2007

Incrementouse a dotación económica nas dúas categorías

Convocados os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica


Coa finalidade de favorecer o recoñecemento social do traballo dos investigadores galegos e estimular o labor dos investigadores máis novos, a Consellería de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, ven de publicar hoxe no DOG os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 Seg. > Remate >>
Resultados 19 - 23 de 23

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós