DUVI. Diario da Universidade de Vigo

Xeral

Mércores, 10 de decembro do 2008

En Vigo beneficiaranse 37 investigadores Ramón y Cajal e Parga Pondal

Educación destina 19 millóns de euros a consolidar persoal investigador das tres universidades galegas e mellorar as súas infraestruturas


As tres universidades galegas incorporarán aos seus equipos uns 130 investigadores, cando finalicen os seus contratos Ramón y Cajal e Parga Pondal, segundo anunciou a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, na presentación de tres convenios de colaboración que o seu departamento suscribe coas tres universidades galegas. Dotados cuns 19 millóns de euros estes acordos van dirixidos a incentivar a incorporación de novos investigadores e a dar un novo pulo ás infraestruturas científico-tecnolóxicas.
Luns, 01 de decembro do 2008

Anunciouno Fernando Blanco na sinatura dun acordo cos tres reitores

O conselleiro de Industria confirma un incremento dun 16% en 2009 para a investigación nas universidades


Un 16% aumentarán, o próximo ano, os fondos que a Consellería de Industria destina ás universidades galegas que no transcurso do 2008 recibiron case 49 millóns de euros a través de convenios e convocatorias competitivas. Así o confirmou o conselleiro, Fernando Blanco, no acto de sinatura cos reitores das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o reparto do Fondo de Calidade destinado ao Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento.
Un fondo que segundo Blanco creceu un 14% respecto de 2007 e co que se busca “unha mellora da calidade e na busca da excelencia na investigación”. A través deste acordo subscrito entre a Consellería de Industria e as tres universidades, o departamento que dirixe Fernando Blanco inviste 7,37 millóns de euros “á mellora da calidade na procura da excelencia na investigación dos grupos universitario galegos”, apuntou o conselleiro.
Xoves, 23 de outubro do 2008

Ao abeiro da Semana da Ciencia

O 1º Concurso de relatos "Ciencia que conta" fomenta a cultura científica e a posta en valor do I+D+i galego

O prazo de recepción de traballos remata o 30 de outubro


Científicos famosos, descubrimentos, experimentos de laboratorio ou mesmo fenómenos cotiás. Sempre que estean relacionados coa ciencia poden ser o xermolo da historia gañadora do 1º Concurso de relatos Ciencia que conta. Como parte do programa de actividades da Semana da Ciencia 2008, este certame ten como finalidade a posta en valor do I+D+i como motor do desenvolvemento das sociedades ao tempo que pretende servir para achegar a sociedade ao eido científico e ás profesións a el vinculadas.
Xoves, 02 de outubro do 2008

Co prazo de presentación aberto ata o vindeiro 30 de novembro

A Cátedra da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal crea un premio para fomentar a investigación sobre a realidade da zona transfronteiriza

Convoca tamén un concurso dirixido a alumnos do ensino secundario


Fomentar e divulgar a investigación sobre a realidade e os problemas eurorrexionais é o obxectivo do premio convocado pola Cátedra da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Trátase dunha iniciativa pioneira que nace coa intención de coñecer os atrancos e dificultades da zona transfronteiriza en todas as súas dimensións para, deste xeito, incrementar o interese social e fomentar unha identidade común. Así mesmo, pretende contribuír a que exista unha maior comunicación entre a comunidade investigadora e o tecido socioeconómico para que ambos se enriquezan mutuamente.
Xoves, 28 de agosto do 2008

Innovación e Industria fomenta a transferencia de coñecemento coa posta en marcha de Unidades de Investigación Intensiva

Achegará máis de 700.000 euros para a organización produtiva dos grupos máis competitivos


ImageA Consellería de Innovación e Industria colaborará coas tres universidades galegas na posta en marcha de Unidades de Investigación Intensiva, un proxecto que ten como finalidade a aproximación ao tecido produtivo do sistema público de I+D+i. O conselleiro Fernando Blanco asinou esta mañá un convenio de colaboración co vicerreitor de Planificación, José Cidrás, que acudiu en representación do reitor da Universidade de Vigo, e cos reitores das universidades de Santiago e Coruña, Senén Barro, José María Barja. No marco deste acordo, a consellería destinará 710.000 euros no período 2008-2010 para a creación destas Unidades de Investigación Intensiva que se converterán nunha ferramenta para promocionar e valorizar os resultados de investigación dos seus grupos.
Xoves, 29 de maio do 2008

A Deputación de Pontevedra convoca os Premios á Investigación 2008 cunha dotación de 23.600 euros

Premiaranse nove traballos no ámbito das Ciencias e a Tecnoloxía e das Humanidades e as Ciencias Sociais


Cunha dotación de 23600 euros e prestando unha especial atención aos traballos relacionados ben coa provincia ou ben con Galicia, a Deputación de Pontevedra quere recompensar e estimular as tarefas de investigación no ámbito da Ciencia e a Tecnoloxía e as Humanidades e as Ciencias Sociais que proporcionan un beneficio ao progreso e ao benestar social.
Resultados 7 - 12 de 23

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós