DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Martes, 21 de marzo do 2017

34 estudantes de cuarto curso puideron coñecer de primeira man o seu funcionamento

Alumnado de Dereito visitou a prisión de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo

Os participantes puideron confrontar coa realidade os coñecementos adquiridos na aula sobre estas institucións


ImageCo obxectivo de que os futuros xuristas coñezan de primeira man o funcionamento de dúas entidades como son o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo, un grupo de estudantes da Facultade de Dereito do campus de Ourense achegáronse na tarde do luns, día 20 de marzo, ata as súas instalacións. A visita, que xa vén sendo unha tradición que se repite cada curso, permitiulles aproximarse á realidade de dúas entidades que teñen moita relación coa práctica xurídica. Na actividade participaron concretamente 34 estudantes de cuarto curso do grao de Dereito deste centro ourensán.
Martes, 14 de marzo do 2017

Os Martes Saudables deste cuadrimestre arrancaron co reto de fomentar a doazón de sangue e órganos

Dez minutos de solidariedade que contribúen á saúde dos demais

Os postos da iniciativa complétanse nesta edición coa presenza dunha unidade móbil de Ados


ImageNa primeira campaña de doazón de sangue nos campus galegos deste curso académico o número de doazóns na Universidade de Vigo ascendeu a 747. Ante esta cifra e a das demais universidades, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (Ados) lanzou recentemente a segunda fase da campaña nos campus facendo unha chamada á participación ante o descenso paulatino de doazóns dos últimos anos. Co obxectivo de contribuír a incrementar estas cifras, os postos informativos dos Martes Saudables arrancaron hoxe no Edificio Xurídico-Empresarial a súa programación deste cuadrimestre dedicando especial atención a este tema.
Xoves, 09 de marzo do 2017

Membros da comunidade universitaria uníronse á folga e mobilizacións convocadas este 9 de marzo

As protestas contra a Lomce e o 3+2 tamén se escoitaron en Ourense

Os manifestantes reivindicaron un ensino público galego


ImageMembros da comunidade universitaria do campus de Ourense uníronse este xoves á folga xeral e mobilizacións convocadas por diferentes colectivos en defensa do ensino público galego e reclamando medidas como a derrogación plena da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa Lomce e do decreto 3+2. As protestas culminaron coa celebración dunha manifestación, na que confluíron os diferentes colectivos que participaron nesta convocatoria, que arrancou diante da Subdelegación do Goberno e que percorreu as rúas do casco vello da cidade das Burgas.
Martes, 07 de marzo do 2017

30 estudante e docentes de Historia percorreron durante dez días o país veciño

De regreso ás aulas despois dunha “inesquecible” viaxe por Marrocos

Os participantes tiveron a oportunidade de coñecer as antigas cidades imperiais


ImageDesde o pasado 24 de febreiro e ata o domingo 5 de marzo, 30 estudantes e docentes da Facultade de Historia do campus de Ourense estiveron realizando un percorrido por Marrocos no marco da viaxe de estudos arqueolóxicos que cada curso organiza o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, con Fermín Pérez á cabeza, e a Delegación de Alumnos de Historia. “Foi unha viaxe xenial, unha grande experiencia que non esqueceremos nunca”, destaca tralo regreso ás aulas Arturo Real, un dos alumnos que formou parte da organización desta actividade e do seu desenvolvemento.
Luns, 06 de marzo do 2017

Poden presentarse membros da comunidade universitaria e persoas alleas a ela

A Escola Infantil abre o período de solicitude para as súas 41 prazas

O prazo remata o día 3 de abril


ImagePara os nenos e nenas de ata tres anos, a Escola Infantil do campus de Ourense vén de abrir o prazo para solicitar unha das súas 41 prazas para o curso 2017/2018. As 41 prazas convocadas son tanto de renovación como de nova adxudicación. Á convocatoria poden presentarse membros da comunidade universitaria, que terán preferencia na concesión e condicións vantaxosas, pero tamén residentes e traballadores da cidade que non teñan vinculación coa Universidade de Vigo. O prazo para presentar as solicitudes remata o 3 de abril de 2017.
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
Resultados 1 - 9 de 358

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós