DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Venres, 26 de maio do 2017

O equipo conseguiu o ascenso na liga afeccionada española de League of Legends

O Aurien eSport Club despide a súa primeira tempada de competición satisfeito polos resultados

Na actualidade conta con 25 xogadores e xogadoras


ImageCo inicio do curso académico 2016/2017, o campus de Ourense acolleu o nacemento dun novo club nas súas instalacións, coa peculiaridade de que se trataba non dun club deportivo senón dos chamados eSports, deportes electrónicos. O Aurien eSport Club botou a andar con sete membros e participando nunha liga universitaria e este mes vén de rematar a súa primeira tempada de competición conseguindo o ascenso de categoría na liga española afeccionada de League of Legends e contando con 25 xogadores e xogadoras nas súas filas.
Martes, 23 de maio do 2017

A Asociación de Ciencias da Educación organiza cada semana un encontro no Pavillón de Estudantes

Os martes o café e a conversa corren por conta de Auce

O obxectivo da iniciativa é dinamizar a participación do alumnado na actividade do campus e da cidade


ImageUn café-encontro no que o alumnado das diferentes titulacións se poida achegar a compartir conversa e tempo de ocio e a informarse sobre a actividade que ten á súa disposición tanto do campus de Ourense como na cidade en xeral. Con este obxectivo, desde o pasado mes de abril e ata finais de xuño, Auce, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación do campus de Ourense, organiza cada martes na sala común do Pavillón de Estudantes un café aberto e de balde para todas as persoas interesadas. As sesións, que teñen lugar de 10.00 a 13.00 h, tamén son aproveitadas para desenvolver diferentes actividades culturais, como proxeccións e conferencias.
Xoves, 18 de maio do 2017

Alumnado de Turismo participará do 10 ao 17 de xuño nun seminario na universidade HTW Saar

Próximo destino, Saarbrücken

Será a primeira edición dunha iniciativa que os seus promotores queren converter en anual


ImageO pasado mes de outubro a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu un seminario que permitiu ao seu alumnado do grao de Turismo compartir unha semana de actividades académicas e investigadoras cunha vintena de estudantes da universidade alemá HTW Saar, da cidade de Saarbrücken. No marco da colaboración establecida entre as dúas institucións académicas, en xuño 15 estudantes do centro ourensán desprazaranse á HTW Saar para participar durante unha semana na continuación dese seminario.
Venres, 12 de maio do 2017

Este venres clausurouse o II Taller de Simulación de Xuízos

Alumnado de Dereito ponse na pel de xuíces e letrados na Audiencia Provincial de Ourense

A sentencia do caso representado foi condenatoria para un dos acusados e de absolución para outro


ImageA sala da Audiencia Provincial de Ourense acolleu este venres o acto de clausura do II Taller de Simulación de Xuízos, organizado pola Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito do campus. Durante a sesión deuse lectura á sentencia da simulación de xuízo desenvolvida a 'porta pechada' o pasado 5 de maio na mesma sala e que consistiu na vista dun procedemento sumario sobre abusos sexuais, tráfico de drogas e corrupción de menores. Nun contexto real, o alumnado púxose na pel de xuíces e letrados para experimentar en primeira persoa algo co que soñan facer moitos deles no seu futuro profesional.
Xoves, 11 de maio do 2017

Escolares do Colexio Guillelme Brown explicaron no campus como traballan os proxectos na aula

Pequenos 'investigadores' dando leccións de metodoloxía científica

Á sesión asistiron estudantes de Ciencias da Educación


ImageComo xa vén sendo tradición nos últimos anos, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acolleu este xoves a visita dun grupo de estudantes do Colexio Guillelme Brown, do Concello de Pereiro de Aguiar, co obxectivo de que explicasen en primeira persoa aos futuros docentes como traballan eles nas aulas co método científico. Unha selección de nenos e nenas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria do centro expuxo os proxectos por eles realizados ao longo do curso e presentados na feira científica organizada polo Guillelme Brown.
Resultados 19 - 27 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós