DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Xoves, 27 de abril do 2017

Este xoves presentáronse os gañadores da última edición dos Premios Incuvi

Ourense dá a benvida a catro proxectos emprendedores de membros da comunidade universitaria

Ademais un proxecto galardoado na anterior edición comeza a súa fase de consolidación no CITI


ImageKuatro Marketing Digital, Nutrición Integral en Tu Empresa, OuVIr e Ridesport. Estes son os catro proxectos empresariais gañadores no campus de Ourense da sexta edición dos Premios Incuvi-Emprende, organizados pola Universidade de Vigo para fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e egresados. Os seus promotores recibiron este xoves simbolicamente as chaves para ocupar cadanseu niño no Parque Tecnolóxico de Galicia arroupados polos axentes implicados neste iniciativa. Ademais, Brigantia, proxecto galardoado na anterior edición, comeza a súa fase de consolidación no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo.
Xoves, 27 de abril do 2017

A cita desenvólvese este xoves en diferentes espazos da cidade

As XIV Xornadas Interxeracionais reúnen a máis de 200 escolares, universitarios e maiores

O alumnado de Educación Social é o encargado da súa organización


ImageMáis de 200 persoas, entre maiores, estudantes universitarios e escolares, participan este xoves nas XIV Xornadas Interxeracionais. Unha vez máis o alumnado do grao de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense volve a prazas e espazos públicos da cidade para fomentar a convivencia entre persoas de diferentes xeracións, rachando as barreiras que pon a idade. Durante toda a mañá e a tarde, os participantes comparten xogos, actuacións e comidas nun ambiente de diversión e aprendizaxe mutua.
Luns, 24 de abril do 2017

A cita conta coa asistencia de arredor dun centenar de persoas

Estudantes de Bremerhaven e Ourense e docentes de cinco países participan na International Week 2017

Durante unha semana compartirán actividades académicas e lúdicas


ImageUn centenar de estudantes das universidades de Vigo e Bremerhaven e docentes de cinco países participan desde este luns e ata o venres nunha nova edición, a sétima, da International Week 2017, unha actividade organizada pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense co obxectivo de potenciar cada curso a súa faciana máis internacional. Durante toda a semana, alumnado e profesorado compartirá actividades académicas e lúdicas empregando o inglés como lingua de comunicación e compartindo o interese común polo coñecemento no eido turístico e empresarial.
Xoves, 30 de marzo do 2017

A ESEI celebrou este xoves a segunda edición do seu Foro de Emprego

Alumnado de Enxeñaría Informática comeza a tentear as súas saídas profesionais na contorna

Unha ducia de empresas TIC asentadas en Ourense participaron na cita


ImageUn dos elementos que diferenza ao alumnado da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense do alumnado doutras titulacións é que ao longo dos seus estudos pensar en atopar traballo no futuro non forma parte das súas preocupación prioritarias. O que si lle preocupa a estes estudantes é atopar un posto de traballo que cumpra as súas expectativas. Co obxectivo de que os seus futuros egresados e egresadas coñezan as oportunidades que teñen na súa contorna para o desenvolvemento profesional, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense celebrou este xoves a segunda edición do seu Foro de Emprego.
Martes, 21 de marzo do 2017

34 estudantes de cuarto curso puideron coñecer de primeira man o seu funcionamento

Alumnado de Dereito visitou a prisión de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo

Os participantes puideron confrontar coa realidade os coñecementos adquiridos na aula sobre estas institucións


ImageCo obxectivo de que os futuros xuristas coñezan de primeira man o funcionamento de dúas entidades como son o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar e o Centro de Menores Monteledo, un grupo de estudantes da Facultade de Dereito do campus de Ourense achegáronse na tarde do luns, día 20 de marzo, ata as súas instalacións. A visita, que xa vén sendo unha tradición que se repite cada curso, permitiulles aproximarse á realidade de dúas entidades que teñen moita relación coa práctica xurídica. Na actividade participaron concretamente 34 estudantes de cuarto curso do grao de Dereito deste centro ourensán.
Resultados 28 - 36 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós