DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 28 de maio do 2008

Gabriel Jaime Andujar, alumno de 3º de Historia coa Síndrome de Asperger:

"O peor foi non coñecer a ninguén, pero agora xa teño amigos"


Image “A carreira lévoa sen problema e a miña época histórica favorita é a contemporánea” explica Gabriel que a continuación puntualiza que "a medieval e a moderna se me dan algo peor, son os ósos desta carreira”. Sobre o seu futuro afirma que " quero ser bibliotecario, porque me gustan os libros e sobre todo, ordenar cousas. Senón tamén me chaman a atención as escavacións”.
Estas reflexións dun estudante de Historia pouco o nada terían de especial se o seu autor non fose Gabriel Jaime Andújar, un mozo que naceu hai 21 anos coa Síndrome de Asperger, un trastorno xeneralizado no desenvolvemento que afecta sobre todo á interacción social e á aprendizaxe. Pese ás dificultades que iso lle supón no seu día a día pode presumir de ser unha das poucas persoas afectadas en España que está a cursar unha carreira e con bos resultados, ata o punto que xa ten superada máis da metade da licenciatura e neste momento prepara os temidos exames finais como todos os seus compañeiros.
Venres, 25 de abril do 2008

A competición rematará o domingo coa entrega de premios no pavillón universitario

400 deportistas de toda España reúnense en Ourense no 8º Torneo InterInformáticas


Image Uns 400 deportistas de toda España danse cita estes días en Ourense con motivo da oitava edición do Torneo InterInformáticas, a competición deportiva que cada ano reúne a estudantes da titulación de Enxeñaría Informática de toda España nunha universidade distinta. Ao longo de toda a fin de semana, deportes coma o fútbol, fútbol sala, baloncesto, voleibol, tenis, xadrez, tenis de mesa e squash, encherá nos pavillóns deportivos da cidade, incluído o do campus, no que se centralizará a competición.
<< Inicio < Ant. 41 42 43 44 Seg. > Remate >>
Resultados 388 - 389 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós