DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Mércores, 16 de novembro do 2016

A asociación universitaria Auce pecha o seu obradoiro de contos con perspectiva de xénero

Radioteatro que nace dunha análise crítica sobre o sexismo na literatura para nenos e nenas

O material gravado emitirase a través da canle Radio Fedello


ImageDesde o pasado 21 de outubro, a Asociación Universitaria Educación Social e Sociedade Auce ofreceu un curso que baixo o título Contos con senso: contos con perspectiva de xénero tivo como obxectivo levar a cabo “unha reflexión grupal e individual sobre a carga aleccionadora da literatura infantil e do impacto que ten sobre o noso imaxinario propio e colectivo”, segundo salienta Noemí Giráldez en nome da organización. Froito do traballo feito, graváronse diferentes pezas a xeito de radioteatro para a súa emisión en Radio Fedello, a canle de radio de Auce.
Martes, 15 de novembro do 2016

O vicerreitor participou este martes na iniciativa 'Quilos x alimentos'

O campus únese á Operación Quilo da Asociación Amencer

Representantes de diferentes entidades comprometéronse a transformar o seu peso en material ou diñeiro solidario


ImageA Asociación Xuvenil Amencer está a levar a cabo a 30 edición da Operación Quilo, de recollida de alimentos, xoguetes e roupa para entregar ás familias máis necesitadas de Ourense no tempo de Nadal. Co obxectivo de involucrar no seu desenvolvemento a todo tipo de entidades, empresas e organismos públicos da cidade, este martes celebrou unha acción que baixo o título Quilos x alimentos consistiu en que representantes de diferentes entidades se achegaron á sede de Amencer para pesarse e transformar o seu peso en material ou diñeiro destinado á campaña. Entre os participantes estivo Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense.
Luns, 14 de novembro do 2016

O prazo para inscribirse está aberto do 14 ao 21 de novembro

A cuarta Liga de Debate busca aos mellores oradores universitarios

Poden apuntarse estudantes dos tres campus


ImageArranca unha nova edición, a cuarta, da Liga de Debate que cada ano acolle a Facultade de Dereito do campus de Ourense. O alumnado de calquera titulación da Universidade de Vigo interesado en participar nela ten de prazo ata o luns 21 de novembro para apuntarse. Para facelo, o único requisito é formar un equipo dun mínimo de dous e un máximo de catro membros. “Os estudantes que participan cada ano rematan moi satisfeitos da experiencia porque ao mesmo tempo que se divirten fórmanse. Por este motivo, animamos a todo o alumnado interesado a participar nesta cuarta edición”, sinala Pablo Raúl Bonorino, profesor responsable desta actividade.
Luns, 07 de novembro do 2016

Este luns presentouse na Biblioteca Universitaria a XIV edición da Olimpíada Solidaria

Ata o 5 de decembro, as horas de estudo transfórmanse en diñeiro para proxectos de cooperación

A recadación en Galicia destinarase á reconstrución de tres escolas en Ecuador


ImageDesde a posta en marcha desta iniciativa hai 14 anos, a Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense, ao igual que outras salas de estudo da Universidade de Vigo, únese cada ano por estas datas á celebración da Olimpíada Solidaria de Estudo, unha acción de sensibilización e solidariedade a través da cal as horas de estudo das persoas participantes son transformadas por empresas colaboradoras en diñeiro para proxectos de cooperación ao desenvolvemento. En recoñecemento a esta implicación da biblioteca universitaria, este luns foi o lugar elixido para a presentación en Galicia dunha nova edición desta iniciativa,que se desenvolve do 5 de novembro ao 5 de decembro.
Luns, 31 de outubro do 2016

O alumnado da Escola Infantil do campus celebrou esta festa disfrazándose

Un Samaín de medo

Como culminación a unha semana de traballo arredor desta temática


ImageSexa por tradición importada de Estados Unidos a través da festa de Halloween ou por tradición herdada da antiga festividade céltica do Samaín, estes días é tempo de disfrazarse xogando coa temática da morte e dos defuntos e co obxectivo de dar canto máis medo mellor. Participando desta festa e desta tradición, o alumnado da Escola Infantil do campus de Ourense celebrou este luns o seu particular Samaín despois de toda unha semana traballando arredor da súa temática. Os nenos e nenas acudiron ao centro disfrazados para a ocasión abranguendo todo tipo de personaxes, desde as cabazas e as noivas cadáver ata os esqueletos e os vampiros.
Resultados 55 - 63 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós