DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Ourense

Campus Ourense

Venres, 07 de outubro do 2016

O alumnado da Escola Infantil traballou esta semana sobre o outono e sobre esta tradición

Uva a uva, facendo a vendima

Este venres remataron esmagando os acios cos pés


ImageNa provincia de Ourense como en tantos outros puntos da xeografía do país outubro é tempo de vendima. Co obxectivo de que os máis pequenos e pequenas coñezan e participen desta tradición e tamén do outono, o alumnado da Escola Infantil do campus de Ourense realizou este venres a súa particular vendima despois de toda unha semana de actividades nas que se familiarizaron coas vides, os acios e as uvas e os empregaron para desenvolver as súas habilidades sensoriais e de psicomotricidade. Foi unha xornada diferente na súa rutina diaria e sobre todo unha actividade moi divertida que lles permitiu enzoufarse todo o que quixeron.
Luns, 26 de setembro do 2016

O Gabinete Psicopedagóxico arrancará o día 29 a súa programación de cursos e obradoiros

Sete opcións para rachar os límites persoais

A matrícula está aberta aos diferentes colectivos da comunidade universitaria


ImageSaber relaxarse, xestionar mellor o tempo, empregar as técnicas de meditación para ser máis creativos, desenvolver a intelixencia emocional, mellorar a autoestima... Todas estas accións contribúen a que as persoas incrementen a súa calidade de vida persoal e profesional e contribúan a mellorar a dos demais. Son tamén, explican desde o Gabinete Psicopedagóxico do campus de Ourense, aspectos sobre os que os membros da comunidade universitaria poden e deben formarse. Con este obxectivo, este curso académico este servizo ofrecerán un ano máis non só atención individualizada senón tamén un amplo abano de cursos e obradoiros.
Xoves, 22 de setembro do 2016

Co obxectivo de ser punto de encontro entre entidades e persoas interesadas neste eido

Alumnado e egresados argallan as I Xornadas de Tempo Libre

A cita será os días 6 e 7 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación


ImageOs días 6 e 7 de outubro a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense acollerá as I Xornadas de Tempo Libre. Organizadas por estudantes e egresados, a cita ten como obxectivo ser un punto de encontro entre entidades e profesionais do sector do tempo libre e persoas que están empezando ou que queren empezar a desenvolverse neste eido. Para conseguilo, o programa propón aos asistentes dous días de conferencias, sesións prácticas, actividades e lúdicas e traballo en común. A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.
Venres, 09 de setembro do 2016

Este venres celebrouse o acto de benvida ao alumnado estranxeiro de intercambio

34 estudantes de 12 países traen a diversidade cultural ás aulas ourensás

Os grupos máis numerosos proceden de Francia, Italia e México


ImageProceden de países tan diversos como México, Cora do Sur ou Francia e polo tanto teñen idiomas, culturas e formacións moi diferentes. Porén, a partir de agora si haberá algo que terán o común, que todos eles e elas, 34 estudantes procedentes de 12 países, escolleron o campus de Ourense para estudar o primeiro cuadrimestre ou todo o curso. Este venres celebrouse o acto de benvida ao alumnado estranxeiro de intercambio que neste curso 2016/2017 traerá a diversidade cultural ás aulas ourensás. Por nacionalidades, o principal país de procedencia deste alumnado é Francia.
Luns, 05 de setembro do 2016

No marco do proxecto Galeuropa Lisboa 2016 que leva a cabo a asociación Auce

Entidades lusas acollen as prácticas no eido social e educativo de 12 titulados e tituladas

A formación prolongarase ata novembro


ImageO pasado mes de xullo, por segundo ano consecutivo, a Asociación Educación Social e Sociedade (Auce), formada por estudantes e egresados da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, realizou unha convocatoria para participar nun programa de prácticas en Lisboa. Ao abeiro desta iniciativa, doce persoas menores de 30 anos con perfil e formación na área social ou educativa están a desenvolver unha experiencia de mobilidade formativa e profesional en diferentes organizacións e entidades da capital lusa. A estadía prolongarase ata novembro.
Resultados 64 - 72 de 389

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós