DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 12 de xuño do 2017

Oito estudantes de Belas Artes amosan unha serie de pezas en vídeo desenvolvidas ao longo do curso

Autorretratos en bucle toman a Sala X

A iniciativa completouse cunha intervención nas vitrinas da entrada con fotogramas destas obras


ImageDezaseis pezas de vídeo, que responden a diferentes intereses e temáticas, pero que teñen como punto de partida a idea do autorretrato, exhíbense ao longo deste luns na Sala X. Trátase dos resultados dos traballos que oito estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, realizaron para a materia Laboratorio de tempo, que imparte Fernando Suárez, e que nesta xornada protagonizan unha intervención videográfica no que as dúas obras creadas por cada alumno exhíbense de forma simultánea nun xogo de pantallas instalado para a ocasión neste espazo expositivo da facultade.
Luns, 12 de xuño do 2017

44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual celebraron a súa graduación

O futuro do audiovisual pecha unha etapa en CCSS e da Comunicación

O acto estivo ambientado na estética dos anos 20


ImageRepresentar o “pasado, presente e futuro do cinema”, exemplificados estes últimos nos 44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual foi a idea que levou ao novo graduado Martín Franco a ambientar na década de 1920 a gala na que na tarde do venres celebraban a súa graduacion as e os integrantes da quinta promoción desta titulación de CCSS e da Comunicación. Un acto que constituía así mesmo o seu traballo de fin de grao e no que o decano, Xosé Baamonde, destacou a “boa base de talento e capacidade de traballo” coa que esta promoción afronta agora un novo camiño nun eido, no que lembrou, “a formación non remata nunca”.
Xoves, 08 de xuño do 2017

A exposición 'Iso sigue o seu curso' reúne os proxectos do alumnado do máster en Arte Contemporánea

21 mostras das disciplinas e intereses que conflúen en Belas Artes reúnense no Museo

A facultade acolleu tamén este xoves un taller de caligrafía xaponesa impartido pola artista Aoi Yamaguchi


ImageO froito de meses de investigación e produción artística plasmados nunha serie de obras que van da pintura ou a escultura á instalación, a fotografía, a videocreación ou a performance. 21 estudantes do mestrado en Arte Contemporánea exhiben no Museo de Pontevedra as obras máis representativas dos proxectos artísticos e investigadores que desenvolveron ao longo do curso, na quinta edición de Iso segue o seu curso. “En moitas ocasións é o mesmo traballo que van defender nos proxectos de fin de máster e noutros é a peza máis conclusiva de todo o proxecto”, explica a profesora Mar Caldas, coordinadora desta exposición xunto con Xosé Manuel Buxán.
Mércores, 07 de xuño do 2017

O alumnado da Escola Infantil realizou un percorrido polas instalacións da facultade

CCSS e da Comunicación recibe aos seus veciños máis novos

O obxectivo desta iniciativa era achegar aos nenos ás actividades que se desenvolven na súa contorna


ImageMáis de 500 estudantes de bacharelato reuníronse nesta xornada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación con motivo do inicio da ABAU, os exames que substitúen á selectividade. Mais este centro do campus pontevedrés recibiu tamén este mércores outra visita, a de 17 alumnos e alumnas da Escola Infantil do campus, que puideron coñecer por dentro estas instalacións e as actividades que nela se desenvolven. Que os nenos e nenas da aula de 2-3 deste centro “coñezan a súa contorna máis próxima e os diferentes traballos” que se desenvolven nela son, como sinala Elena Ortigueira, directora en funcións da Escola Infantil, os obxectivos centrais desta visita.
Mércores, 07 de xuño do 2017

Estudantes de Belas Artes construíron cadeiras, tallos e unha mesa para o patio do centro

Mobiliario a disposición do alumnado, ideado polo propio alumnado

Os planos dos diferentes prototipos servirán para construír novas pezas no futuro


ImageEmpregando taboleiros e listóns de madeira, o alumnado de Belas Artes traballou nestes días na construción duns tallos, cadeiras e dunha mesa para o patio central da facultade, no marco dun obradoiro dirixido a achegar aos e ás estudantes aos procesos de autoconstrución. Non en van, os e ás participantes nun taller que contou coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais non só se encargaron da construción das pezas, senón tamén de definir que prototipos se ían desenvolver nun proxecto que abrangue tamén a difusión duns planos que posibiliten construír novas pezas para este espazo.
Resultados 19 - 27 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós