DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Martes, 25 de abril do 2017

A curta ‘Inefable’ obtivo o segundo premio deste festival e ‘Fume’ o accésit á mellor dirección

A representación de CCSS e da Comunicación nos Showing Film Awards retorna con premio

A gala de entrega destes galardóns celebrouse na noite do luns en Madrid


ImageDúas curtas realizadas por alumnado e titulados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación figuraban entre as 15 finalistas que, na noite deste luns optaban aos diferentes premios dos certame internacional de curtametraxes Showing Film Awards. Dúas candidaturas e dous premios, posto que Inefable, a peza dirixida polo egresado Jonatan Toucedo, alzouse co segundo premio neste festival universitario promovido pola Showing Foundation e o Centro Universitario Villanueva, mentres que Fume, do estudante do grao en Comunicación Audiovisual Alejandro Rodríguez, foi recoñecido nesta gala co accésit á mellor dirección.
Venres, 21 de abril do 2017

‘Inefable’ e ‘Fume’ figuran entre as quince finalistas deste concurso universitario

Dúas curtas sobre superación nacidas no campus, finalistas dos Showing Film Awards

O vindeiro luns celebrarase en Madrid o acto de entrega de premios


ImageAlumnado de 25 países ten participado ao longo dos últimos sete anos nos Showing Film Awards, o certame internacional de curtametraxes promovido pola Showing Foundation e o Centro Universitario Villanueva que o vindeiro luns celebrará en Madrid a entrega de premios da súa sétima edición, na que a Universidade de Vigo estará representada por partida dobre. Un xurado integrado por profesionais do eido seleccionou as curtas Fume e Inefable, realizadas por alumnado e egresados de CCSS e da Comunicación, entre as 15 finalistas dun certame que neste 2017 tivo como eixo temático a resiliencia, a capacidade de adaptación a situacións adversas.
Luns, 17 de abril do 2017

Teresa Búa gañou, xunto a María Vázquez, o primeiro premio no seu certame de deseñadores novos

Unha alumna de Esdemga triunfa na Mostra do Encaixe de Camariñas

O seu proxecto resultou merecedor dun premio de 2100 euros


ImageTomando como inspiración a estética futurista da película de Luc Besson O quinto elemento, a estudante de Esdemga Teresa Búa deu forma, xunto á alumna da EASD Mestre Mateo de Santiago, a Verde, súper verde, a colección coa que na tarde deste domingo se proclamaban gañadoras do certame de deseñadores noveis da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas. “A verdade é que era un proxecto moi arriscado que non tiña que ver co que se soe ver na mostra, quizais por isto gustou tanto”, recoñece Búa da proposta que foi recoñecida, coa unanimidade do xurado, como gañadora dun certame que reuniu preto dun cento de candidaturas.
Venres, 07 de abril do 2017

Estudantes da facultade protagonizan este sábado a Sétima Feira

O alumnado de BBAA fará do mercado de abastos un fervedoiro creativo

Nos diferentes postos, presentarán as súas ilustracións, gravados ou deseños téxtiles


ImageNacida co propósito de revitalizar o mercado de abastos da rúa Serra a través da moda, a gastronomía, a música ou as artes plásticas, a Sétima Feira tiña como un dos seus obxectivos dar visibilidade ao potencial creativo que o campus reúne en Pontevedra. De feito, alumnado e egresadas de centros como Belas Artes ocuparon nos últimos meses varios dos postos desta iniciativa da Concellería de Promoción Económica. Mais ata o de agora, en ningunha edición tivera tanto protagonismo o estudantado desta facultade, que achegará as súas ilustracións, serigrafías ou deseños téxtiles a 12 dos 16 postos da feira deste sábado.
Xoves, 06 de abril do 2017

No día do seu patrón, a EE Forestal acolleu un acto en lembranza dos traballadores e traballadoras do campus

Celebración e lembranzas únense no San Leandro

Dous coloquios sobre morcegos e aves rapaces abriron un programa que completan varios concertos


ImageProfesorado, persoal de administración e servizos e alumnado de diferentes centros do campus reuníronse este mediodía na EE Forestal para participar na ofrenda floral que persoal deste centro dedica cada ano aos membros da comunidade universitaria falecidos. Fixérono ademais nunha xornada marcada pola celebración neste centro, que conmemora o día do seu patrón, San Leandro, con diferentes actividades formativas e lúdicas impulsadas polo alumnado. Así, esta xornada de homenaxe e celebración abriuse con dous coloquios sobre morcegos e aves rapaces nocturnas e verase completada ao longo da tarde por diferentes actuacións musicais.
Resultados 37 - 45 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós