DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Mércores, 31 de outubro do 2007

Os CAEF cifran nun 80% o seguimento do paro

Un campus baleiro para denunciar a subida das taxas de matrícula


ImageMobilizacións e aulas baleiras marcaron a xornada de folga convocada para este mércores polos CAEF en contra da subida das taxas académicas. Segundo Francisco Quintela, responsable dos CAEF en Vigo, “o seguimento foi bastante importante, en xeral sobre o 80%, aínda que algunhas facultades como Ciencias Económicas e Empresariais ou Filoloxía e Tradución cremos que chegou ao 100%”. Para Quintela “foi máis ou menos o que agardábamos pero agora o que queda é que o éxito desta convocatoria sirva para que os responsables actúen ao respecto”.
Luns, 29 de outubro do 2007

Convocada este mércores nas tres universidades galegas polos CAEF

Folga estudiantil para demandar a paralización da suba das taxas académicas

Rexeitan o incremento aprobado pola Consellería de Educación

ImageOs estudantes da Universidade de Vigo, ao igual que os de Santiago e A Coruña, están convocados este mércores 31 de outubro, polos Comités Abertos de Escola e Facultade (CAEF), a unha xornada de folga en contra da suba das taxas académicas.Os CAEF denuncian que o incremento aprobado pola Xunta , 2 puntos por riba do IPC galego e 1,6 por riba do español, é excesiva, algo que ademais, afirman, mantense nos últimos seis anos que se corresponden con toda a lexislatura pasada do PP e o que vai desta co PSOE á fronte da Consellería de Educación.
Francisco Quintela, responsable dos CAEF en Vigo, lembra que “levamos anos intentando que as taxas non suban na medida que o están facendo. O ano pasado o IPC foi do 2% en Galicia e o xusto sería que a suba fose igual e non de un 4% que foi o que se aprobou”. A xornada de folga convocada para o mércores estará acompañada doutras reivindicacións, por exemplo no caso de Pontevedra. Alí os estudantes están convocados a partir das 12:00 a unha caceirolada ante o edificio da delegación da Consellería de Educación, na Alameda. No caso de Santiago e A Coruña, os estudantes mobilizaranse na Praza do Toural e nos Novos Ministerios, respectivamente.
<< Inicio < Ant. 61 62 63 64 Seg. > Remate >>
Resultados 568 - 569 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós