DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Mércores, 21 de decembro do 2016

Rocío Laseca presentará nesta pasarela unha versión ampliada do seu proxecto de fin de estudos

Tralo Debut, chega o tempo do Ego

Na vindeira edición da Madrid Fashion Week desfilará tamén a egresada de Esdemga Amai Rodríguez


ImageHai menos dun mes, a titulada en Esdemga Rocío Laseca estreaba na décima edición de Debut a colección que constituía o seu proxecto de fin de estudos, Who are you?, un traballo que o vindeiro mes de febreiro trasladará a un dos principais escaparates da moda en España, a Mercedes-Benz Madrid Fashion Week. Será o 21 de febreiro cando esta egresada presente unha versión ampliada desta colección que toma o seu nome do disco editado por The Who en 1978, na plataforma para novos talentos da antiga pasarela Cibeles, na que o pasado mes de setembro, outra titulada en Esdemga, Elena Rial, obtiña o premio Mercedes-Benz Fashion Talent. Xunto a Laseca, Esdemga estarán tamén representada nesta nova edición do Ego por unha titulada da súa primeira promoción, a deseñadora Amai Rodríguez Coladas, que participará por terceira vez nesta pasarela.
Martes, 20 de decembro do 2016

O centro do campus celebrou este martes a súa festa de Nadal

Papa Noel chega con adianto á Escola Infantil

Panxoliñas e unha merenda completaron unha celebración que reuniu a nenos e familias


ImageCando aínda faltan uns días para que realice o seu percorrido polos fogares, o personaxe máis popular destas datas fixo parada na tarde deste martes na Escola Infantil do campus, onde realizou un percorrido polas aulas para saudar e deixar un primeiro agasallo aos nenos e nenas dun centro que celebraba a súa tradicional festa de Nadal. Mais, aínda que Papa Noel foi o grande protagonista da xornada na escola, a celebración que nesta xornada reuniu aos nenos e nenas coas súas familias e educadoras contou tamén coa actuación dun grupo de pandeireterias e cunha merenda na que non faltaron as sobremesas máis típicas destas datas.
Venres, 16 de decembro do 2016

Estudantes de Belas Artes inauguran este venres na Fundación RAC a mostra ‘Espazo residual’

Unha exposición que non é unha exposición construída con obras que non son obras

Alumnado da facultade promove tamén este sábado un mercadiño na praza de abastos de Cangas


Image“Non se trata dunha exposición ao uso, senón dun exercicio artístico”, salienta a estudante do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación Patricia Coucheiro de Espazo Residual, o proxecto expositivo impulsado por un grupo de estudantes deste mestrado que na tarde deste venres inauguran na Fundación RAC. Tomando como punto de partida unha serie de obras inacabadas ou de materiais empregados para a creación, este grupo deu forma a unha obra colectiva, que máis aló das xornadas nas que poida visitarse neste espazo, poderá ser contemplada desde a rúa a través da sombra que proxecta contra unha tela.
Xoves, 15 de decembro do 2016

A estudante de Ciencias da Educación e do Deporte Lara Piñeiro foi elixida presidenta da Anecafyde

Unha alumna do campus, á fronte da asemblea estatal de estudantes de CC da Actividade Física e do Deporte

A facultade do campus pontevedrés está tamén representada na asociación de estudantes Cesed


ImageFundada en 2010 co propósito de defender os intereses do alumnado de Ciencias da Actividade Física e do Deporte a Anecafyde conta por primeira vez cunha estudante da Universidade de Vigo como presidenta. Trátase da alumna da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Lara Piñeiro, elixida por unanimidade na XIII Asamblea Nacional de Estudiantes de Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de España, celebrada recentemente en Barcelona. “Teño moitas ganas de facer un pouco mellor as nosas universidades, a nosa titulación e o noso ámbito profesional”, salienta Piñeiro, ata agora vicepresidenta desta organización.
Mércores, 14 de decembro do 2016

A facultade é escenario do ‘Re-creo De-forme’ que reúne un mercadiño, un xantar e intervencións artísticas

Belas Artes acolle unha xornada de creación e convivencia

Estudantes do centro promoven un encontro sobre o papel do feminismo na educación este xoves


ImageUnha serie de intervencións pictóricas sobre a cristaleira do patio interior de Belas Artes realizadas por docentes e estudantes presiden a planta baixa dunha facultade que ao longo deste mércores é escenario do Re-creo De-forme, un evento promovido por estudantes que reúne un mercadiño de creacións, actuacións musicais ou unha performance. “O que buscabamos era xerar unha convivencia, un momento compartido entre todos”, sinala a estudante Julia Lago desta iniciativa impulsada e organizada polo alumnado, como tamén o é o encontro Achegándonos ao feminismo, que se desenvolverá na tarde do xoves neste centro.
Resultados 64 - 72 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós