DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 21 de novembro do 2016

O xurado recoñeceu os traballos de Tamara Fernández e Rebeca López

Dous proxectos nacidos na Universidade, premiados cos Ernestina Otero

Convocados polo Concello, buscan distinguir estudos que incorporen a perspectiva de xénero


O traballo de fin de grao no que a Tamara Fernández Amosa avalía o impacto da coeducación no desenvolvemento persoal e o proxecto de fin de mestrado no que Rebeca López Villar afonda no concepto de bruxa na creación audiovisual contemporánea veñen de converterse en dous dos traballos gañadores dos Premios Ernestina Otero, cos que o Concello de Pontevedra recoñece aqueles traballos de fin de grao e fin de máster que incorporan á súa análise a perspectiva de xénero. Na terceira edición destes galardóns, aberta ao alumnado das tres universidades galegas, tamén foron seleccionados polo xurado os proxectos de fin de grao de Bárbara Penas Rey e de Ignacio Márquez Collazos.
Xoves, 17 de novembro do 2016

Traballos do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual proxéctanse en Brasil ou México

Curtas nacidas nas aulas cruzan o océano

O proxecto de Paloma Canonica e Cristina Vilches é unha das seis curtas seleccionadas no proxecto Film-Now


ImagePoucos meses despois de ver a luz como o traballo final de Paloma Canonica no máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, a animación Fres-Boi, que realizou xunto coa súa compañeira Cristina Vilches, convertíase nunha das seis curtas seleccionadas pola ECAM para o seu primeiro catálogo Film-Now, proxecto dirixido a difundir os proxectos audiovisuais xurdidos en universidades e escolas de cine de toda España. Da man deste proxecto, a curta nacida nas aulas de Belas Artes chegaba pouco despois ao Short Film Corner, o mercado de curtametraxes do Festival de Cannes, iniciando así un periplo por diferentes eventos internacionais.
Venres, 11 de novembro do 2016

Lidia Dosil e Umá de Oliveira foron unha das oito parellas seleccionadas neste certame para estudantes

Dúas alumnas de Publicidade e RRPP, finalistas do concurso para novos talentos de IAB Spain

A vindeira semana, presentarán o seu proxecto no Festival Inspirational 16


ImageO Círculo de Bellas Artes de Madrid acollerá o vindeiro mércores 16 e xoves 17 a décima edición do Festival Inspirational, un evento dedicado á innovación en comunicación dixital promovido pola asociación de empresas IAB Spain, que cada ano reúne a preto de 4000 persoas. Entre elas atoparanse desta volta dúas alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Umá de Oliveira e Lidia Dosil, que veñen de converterse nunha das oito parellas finalistas do Premio Jóvenes Talentos Digitales e que viaxarán a vindeira semana a Madrid para defender o seu proxecto diante do xurado.
Luns, 31 de outubro do 2016

28 estudantes integran o equipo responsable deste programa que se emite cada semana pola rede

O escaparate radiofónico de CCSS e da Comunicación busca estenderse polo campus

Por primeira vez, súmase ao proxecto alumnado doutras facultades


ImageIr máis aló da facultade que o viu nacer e que centrou boa parte dos seus contidos para expandirse polo campus. Este é un dos obxectivos co que botou a andar a terceira tempada de El Escaparate, o programa radiofónico impulsado por alumnado de CCSS e da Comunicación. “Na nosa opinión, o programa estábase convertendo nun espazo practicamente reservado a aqueles asuntos relacionados coa facultade e queremos converternos na radio universitaria que dea voz ao campus de Pontevedra”, sinala José Jardón, director deste espazo radiofónico semanal, que no presente curso realiza un equipo de 28 alumnos e alumnas.
Venres, 28 de outubro do 2016

CCSS e da Comunicación acolleu a presentación dun concurso dirixido ao alumado universitario

InfinitC busca no campus estudantes con talento

As persoas participantes deben deseñar unha acción comunicativa ou de márketing para unha empresa


ImageDeseñar un proxecto de márketing, comunicación, publicidade ou patrocinio para unha empresa real e optar con este a unhas prácticas remuneradas en empresas como Coca-Cola, Banco Santander, Yoigo e Pernod Ricard. Este é o eixo do concurso EstudiantesConTalento, que promove a consultora InfinitC, que este venres presentou na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación a terceira edición dunha iniciativa que o pasado ano tivo entre os e as súas finalistas a dúas estudantes do centro. “Trátase de dar ao alumnado a oportunidade de vivir unha experiencia real, de enfrontarse a un proxecto real para unha empresa”, salienta Ignacio Lacia.
Resultados 73 - 81 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós