DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Luns, 17 de outubro do 2016

Doce estudantes integraron a unidade de voluntariado que colaborou coa carreira celebrada en Pontevedra

Maratón de aprendizaxe para o alumnado de Fisioterapia

Co apoio de tres coordinadores, prestaron asistencia a preto dun cento de corredores


ImagePreto de 2000 persoas participaron este domingo na XXI Media Maratón de Pontevedra, unha proba que contou de novo coa colaboración das unidades de voluntariado da Facultade de Fisioterapia, que realizaron, na carpa instalada no Centro de Tecnificación Deportiva, o maior despregue de alumnado do presente curso. Non en van, en preto de tres horas, os doce estudantes que colaboraron con esta proba prestaron a súa asistencia, baixo a supervisión de tres coordinadores, a preto dun cento de corredores e corredoras, nunha iniciativa que lles permite poñer en práctica con casos reais os coñecementos adquiridos nas aulas.
Xoves, 13 de outubro do 2016

14 estudantes e PAS participan nestas semanas neste obradoiro de reciclaxe de bicicletas

A mobilidade e o consumo sostible únense no taller 'Green Bike'

O obxectivo desta iniciativa é fomentar o uso deste medio de transporte entre a comunidade universitaria


ImagePromover unha mobilidade sostible, axudando á comunidade universitaria a pór a punto as súas vellas bicicletas e, ao mesmo tempo, contribuír tamén a un consumo sustentable “reciclando” para estas reparacións pezas e elementos xa usados noutras bicicletas. Estes son os dous factores que conflúen no obradoiro Green Bike, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración dos colectivos Pedaladas e Dinamo, e no que ao longo deste mes de outubro participan un total de 14 membros da comunidade universitaria, tanto alumnado como persoal de administración e servizos (PAS).
Xoves, 13 de outubro do 2016

A estudante Ana Moas é unha das finalistas do concurso 'Versus', do Club de Creativos

Cando o premio é aprender de “xenios da publicidade”

Durante estas semanas, realiza un percorrido por diferentes axencias en Madrid


ImageCoñecer por dentro o funcionamento diario dalgunhas das axencias de publicidade máis importantes de España. Isto é o que achega á estudante de Ciencias Sociais e da Comunicación Ana Moas a súa selección como finalista no concurso Versus, promovido polo Club de Creativos. Nun certame no que se inscribiron máis de 200 estudantes de toda España, Moas foi unha das 29 seleccionadas para participar no Tour c de c, un programa que, ao longo destes meses, leva a esta alumna a desenvolver unha serie de proxectos publicitarios en seis axencias de Madrid, e que se completará posteriormente cunha estadía en prácticas nunha destas empresas.
Venres, 07 de outubro do 2016

Responsables desta asociación deron a coñecer o programa SVE nun coloquio na EE Forestal

Amigos da Terra promociona na Universidade o voluntariado europeo

O obxectivo deste proxecto de promoción é sumar máis participantes a esta iniciativa en Galicia


ImageCoñecer a realidade doutros países europeos participando como voluntario ou voluntaria en iniciativas sociais, artísticas, culturais, patrimoniais ou medioambientais. Isto é o que ofrece aos mozos e mozas de entre 18 e 30 anos o Servizo Voluntario Europeo (SVE), un programa da Unión Europea que Amigos da Terra promociona nestas semanas por diferentes puntos de Galicia. Tras dar a coñecer as posibilidades e requisitos de participación deste programa o pasado mércores na Escola de Enxeñería Industrial en Vigo, na tarde deste xoves, responsables desta asociación achegáronse ata a EE Forestal para dar a coñecer as vantaxes desta iniciativa.
Xoves, 06 de outubro do 2016

A institución provincial presentou a primeira edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz

A Deputación premiará a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster

Dirixidos ao alumnado do campus de Vigo e Pontevedra, outorgaranse dous premios de 1000 euros


ImageFomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos académicos é o propósito dos Premios Sofía Novoa Ortiz para traballos de fin de grao e fin de máster, que vén de impulsar a Deputación de Pontevedra. Dotados de dous premios económicos de 1000 euros e de dous accésit de 600, un para cada modalidade, a primeira edición destes galardóns, abertos ao alumnado da Universidade dos campus de Vigo e Pontevedra, foi presentada este xoves pola presidenta da institución provincial, Carmela Silva, e a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas.
Resultados 82 - 90 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós