DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Alumnado arrow Campus Pontevedra

Campus Pontevedra

Venres, 30 de xuño do 2017

O alumnado dos tres graos do centro celebrou no Pazo da Cultura a fin dos seus estudos

Ciencias da Educación e do Deporte despide a 200 mozos e mozas capaces de mellorar a sociedade

Marián Fernández, Roberto Barcala e Uxío Pérez foron os padriños das tres promocións


ImageNun Pazo da Cultura cheo de compañeiros e compañeiras, familiares e docentes, os 200 novos titulados e tituladas dos tres graos que se imparten en Ciencias da Educación e do Deporte festexaron na tarde deste xoves o final dunha etapa, no que foi o último e o máis multitudinario dos actos de graduación celebrados no presente curso no campus pontevedrés. As novas egresadas e egresados recibiron as súas bandas e diplomas nun acto marcado polas verbas de recoñecemento ao seu esforzo, pero tamén de esperanza polo papel que poden desenvolver na procura dunha sociedade mellor desde eidos como o ensino ou o fomento do deporte.
Xoves, 29 de xuño do 2017

42 estudantes da facultade prestaron asistencia a participantes en seis probas deportivas

As unidades de voluntariado de Fisioterapia atenderon este curso preto de 300 persoas

O obxectivo desta iniciativa é achegar ao alumnado a casos e pacientes reais


ImageComplementar a formación do alumnado do grao en Fisioterapia situándoos fronte a pacientes reais é un dos propósitos das unidades de voluntariado coas que o centro colabora con eventos deportivos. Un total de 42 estudantes tomaron parte este curso nas colaboracións que o centro realizou con seis eventos deportivos e nos que, baixo a supervisión de profesorado e egresados do centro, desenvolveron preto de 300 intervencións. O desenvolvemento de casos clínicos, a atención a deportistas “a pé de campo” e o traballo “de organización en grupo” son, nese senso, as principais achegas desta iniciativa, como salienta a súa coordinadora, Yoana González.
Martes, 27 de xuño do 2017

BBAA organizou un taller para estudantes con discapacidade visual

O alumnado dos campamentos da ONCE iníciase na arte contemporánea

As e os participantes puideron tamén coñecer as obras que integran a exposición ‘Proxecto Táctil’


ImageCrear uns gravados sen tinta a partires de composicións articuladas con diferentes elementos naturais que evocasen recordos da infancia e do verán. Ese foi o exercicio que a decana da Facultade de Belas Artes, Silvia García, propuxo este martes a un grupo de 15 estudantes con discapacidade visual que participan nestes días nos campamentos de verán que promove o Centro de Recursos Educativos (CRE) da ONCE en Pontevedra. Campamentos que se insiren seu Servizo de Escolarización Combinada e Compartida (SECC) e que nesta xornada se achegaron por primeira vez a esta facultade do campus pontevedrés.
Venres, 23 de xuño do 2017

A traballadora da Radio Internacional de China Liu Sha realiza unha estadía en CCSS e da Comunicación

De Beijing a Pontevedra para analizar a influencia dos medios nos procesos electorais

Combina a súa investigación co mestrado en Dirección Pública e Liderado Institucional


ImageO feito de ser un posgrao online ten contribuído a que entre o alumnado do máster en Dirección Pública e Liderado Institucional figurasen nos últimos anos múltiples estudantes de diferentes países, principalmente de América Latina. Mais ata o de agora nunca contara esta titulación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación cunha alumna chegada desde tan lonxe e que estivese á vez tan preto como Liu Sha, traballadora da Radio Internacional de China que desenvolve durante estes meses unha estadía como visitante académica nesta facultade, centrada en analizar a influencia dos medios de comunicación en España nos procesos electorais.
Venres, 23 de xuño do 2017

A EE Forestal acolleu a graduación da décimo terceira promoción de titulados do Programa para Maiores

O estudantado máis veterano do campus festexa a fin dunha etapa

José María Fernández convértese no primeiro graduado superior sénior en Pontevedra


ImageChegaron á Universidade polas súas gañas de ampliar coñecementos, de saber máis sobre diferentes eidos, e tras anos de implicación, dedicación e convivencia, os oito estudantes que integran a décimo terceira promoción de graduados sénior do Programa para Maiores no campus festexaron este xoves o fin de unha etapa. Fixérono tras completar os tres cursos do ciclo integrado deste programa e á celebración sumouse tamén José María Fernández, o primeiro graduado superior sénior que, trala recente reforma desta iniciativa formativa para maiores de 55 anos, completou no campus o segundo ciclo do programa.
Resultados 10 - 18 de 569

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós