DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 13 de setembro do 2016

Impartiranse clases de alemán, español, francés, inglés, italiano, persa e portugués

O Centro de Linguas comeza o curso cunha oferta de sete idiomas

O prazo de matrícula remata o 14 de setembro


ImageCo inicio de curso académico o Centro de Linguas pon en marcha tamén a súa oferta docente de linguas e para o primeiro cuadrimestre ofrece diferentes niveis de sete idiomas repartidos nos tres campus: alemán, español, francés, inglés, italiano, persa e portugués. Como cada cuadrimestre ofértanse diferentes niveis das linguas máis demandas, como o inglés, que se poderá estudar en calquera dos tres campus, igual que español para estranxeiros, mentres que o resto dos cursos se imparten en Vigo, tanto no campus como na cidade. Ademais, o programa académico comprende tres novidades: a oferta do nivel C1 de inglés en Ourense; o nivel 2 do curso de lingua e cultura persa e o nivel C1 de francés en Vigo.

M. Del Río | Vigo
Co inicio de curso académico o Centro de Linguas pon en marcha tamén a súa oferta docente de linguas e para o primeiro cuadrimestre ofrece diferentes niveis de sete idiomas repartidos nos tres campus: alemán, español, francés, inglés, italiano, persa e portugués. Como cada cuadrimestre ofértanse diferentes niveis das linguas máis demandas, como o inglés, que se poderá estudar en calquera dos tres campus, igual que español para estranxeiros, mentres que o resto dos cursos se imparten en Vigo, tanto no campus como na cidade. Ademais, o programa académico comprende tres novidades: a oferta do nivel C1 de inglés en Ourense; o nivel 2 do curso de lingua e cultura persa, que dá continuidade ao alumnado que xa cursou o primeiro nivel no Centro de Linguas e o nivel C1 de francés en Vigo, que ofertará no primeiro cuadrimestre o subnivel C1.1, cuxa continuidade se ofertará como C1.2 no segundo cuadrimestre se hai matrícula suficiente para abrir o C1.1 no primeiro cuadrimestre.

A oferta de sete linguas para este comezo de curso compleméntase con cursos especializados de inglés para grupos específicos, como por exemplo inglés académico, inglés para o turismo, inglés para a moda, pronuncia de inglés para a docencia, atención ao público, etc. No tocante ao lugar de impartición da docencia, a Facultade de Filoloxía e Tradución segue a ser o centro de referencia, aínda que tamén se imparten cursos tamén, como vén sendo habitual nos últimos anos, na Escola de Enxeñaría Industrial, tanto na sede cidade e como no campus; na Escola de Estudos Empresariais e no Conservatorio Superior de Música en Vigo. En Pontevedra seguen a impartirse na Escola de Enxeñaría Forestal, mentres que en Ourense serán no Edificio de Ferro.

Por outra banda, neste novo curso consolídanse tamén en Pontevedra os cursos de preparación para os exames do First Certificate in English e do Certificate in Advanced English, ambos de Cambridge, despois de que no curso pasado se celebrase o primeiro exame do First Certificate neste campus. Ademais en Vigo tamén se afianza o nivel C1 a través do curso C1+. Continuarán tamén as tres convocatorias dos exames HELA para Vigo e dúas para Ourense

2500 matriculados no pasado curso

A ampla oferta de idiomas e niveis que ofrece o Centro de Linguas ten boa acollida tanto entre a comunidade universitaria como entre a cidadanía en xeral, que tamén poder matricularse nestes cursos. De feito, no ano académico 2015/2016 foron arredor de 2500 os matriculados e matriculadas entre os cursos cuadrimestrais (763 no primeiro cuadrimestre e 824 no segundo), os específicos, os de verán e os exames de acreditación.

No tocante á elección dos alumnos e alumnas, o inglés segue a ser o idioma máis demandado, seguido por español para estranxeiros, portugués, francés e alemán. Dende o Centro de Linguas destacan tamén o incremento do 27% na matrícula en exames de acreditación (CertAcles, DELE, HELA, TOEFL e exames propios) con respecto ao ano 2014/2015, polo que o centro universitario se consolida como examinador e acreditador de nivel de idiomas.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós