DUVI. Diario da Universidade de Vigo
M閞cores, 07 de decembro do 2016

O Grupo de Investigaci髇 en An醠ise Macroecon髆ica desenvolve un proxecto financiado polo Mineco

Na procura dunha explicaci髇 da orixe das disparidades entre pa韘es nos procesos de cambio da estrutura sectorial e do crecemento econ髆ico

Tam閚 estudan a contribuci髇 das disparidades 醩 diferenzas nas rendas per c醦ita


Image Desde o ano 2002 o Grupo de Investigación en Análise Macroeconómica da Universidade de Vigo traballa no estudo e caracterización do proceso de desenvolvemento experimentado polas economías ao longo da historia co obxectivo de cualificar os determinantes das grandes diferenzas observadas nas rendas per cápita entre países e, polo tanto, tratar de deseñar as políticas económicas que garantan un proceso de converxencia nesas rendas. Con financiamento do Ministerio de Economía y Competitividad, o proxecto Cambio estrutural e crecemento económico ao longo do proceso de desenvolvemento económico, liderado por Jaime Alonso, continuará a afondar nesta liña de traballo, nesta ocasión co obxectivo de analizar o comportamento da estrutura sectorial da actividade económica ao longo do proceso de crecemento e desenvolvemento económico.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
Desde o ano 2002 o Grupo de Investigación en Análise Macroeconómica da Universidade de Vigo traballa no estudo e caracterización do proceso de desenvolvemento experimentado polas economías ao longo da historia co obxectivo de cualificar os determinantes das grandes diferenzas observadas nas rendas per cápita entre países e, polo tanto, tratar de deseñar as políticas económicas que garantan un proceso de converxencia nesas rendas. Con financiamento do Ministerio de Economía y Competitividad, o proxecto Cambio estrutural e crecemento económico ao longo do proceso de desenvolvemento económico, o equipo investigador, liderado por Jaime Alonso e que integran Carlos de Miguel, María Jesús Freire, Baltasar Manzano e José María Martín da Universidade de Vigo e María del Pilar Abad, docente e investigadora da Universidad Rey Juan Carlos, continuará a afondar nesta liña de traballo, nesta ocasión co obxectivo de analizar o comportamento da estrutura sectorial da actividade económica ao longo do proceso de crecemento e desenvolvemento económico. “Máis concretamente, preténdese explicar a orixe das grandes disparidades observadas entre países nos procesos de cambio na estrutura sectorial e de crecemento económico, así como estudar a contribución destas disparidades ás diferenzas observadas nas rendas per cápita”, explica Jaime Alonso.

O investigador incide en que a recolocación de recursos económicos entre sectores é unha das características máis robustas do desenvolvemento económico, de xeito que a medida que os países se volven máis ricos, obsérvanse cambios seculares nas súas asignacións sectoriais do traballo, a produción e o gasto de consumo. “En particular, ao longo do proceso de desenvolvemento económico obsérvase unha reasignación da actividade económica, dende a agricultura cara aos sectores manufacturas e servizos. Así os pesos dos sectores agricultura e servizos decreceron e medraron, respectivamente, de xeito monótono, mentres que o peso do sector manufacturas seguiu unha senda en forma de U-invertida”, detalla Alonso, que tamén sinala que se observa unha importante heteroxeneidade entre o comportamento dinámico dos pesos relativos dos distintos subsectores que conforman o sector servizos.

A importancia de estudar os axustes dinámicos na composición sectorial da economía

A comprensión dunha ampla variedade de cambios nos resultados agregados dunha economía, como o nivel de desenvolvemento económico, a taxa de crecemento da produtividade agregada, a taxa de aforro e de acumulación de capital ou a desigualdade salarial, precisa do estudo dos axustes dinámicos na composición sectorial da economía e o proxecto Cambio estrutural e crecemento económico ao longo do proceso de desenvolvemento económico pretende contribuír a este coñecemento de tres formas. “En primeiro lugar caracterízanse os posibles determinantes ou mecanismos económicos que poden xerar o cambio estrutural observado ao longo do proceso de desenvolvemento dos países”, explica Alonso. Desde un punto de vista teórico o cambio estrutural pode deberse a diferenzas na resposta relativa da demanda de cada ben a cambios na renda real; ao efecto substitución entre a demanda de bens ante cambios nos prezos relativos dos distintos bens; es as diferenzas sectoriais nas participacións das rendas dos factores de produción nas rendas sectoriais e nas elasticidades substitución entre factores de produción nas tecnoloxías sectoriais.

A segunda contribución do proxecto pasa pola análise do papel do cambio na estrutura sectorial da actividade económica ao longo das distintas etapas do proceso de desenvolvemento económico, coa fin de obter unha explicación unificada deste proceso baseada na teoría do crecemento económico. Finalmente as e os investigadores estudarán se os países amosan diferencias significativas nas pautas de cambio sectorial e, deste xeito, comprobar se o cambio sectorial pode explicar, cando menos en parte, a diverxencia observada na renda per cápita entre países.

Fontes estatísticas a empregar na análise empírica

As bases de datos Word KLEMS, que achega información sobre a produción, imputs e produtividade sectorial para Australia, Corea, Canadá, Estados Unidos, Xapón, China, Rusia e 25 países da Unión Europea e a do Groningen Growth and Development Centre, que ofrece datos de produción e do mercado de traballo a nivel sectorial para un amplo grupo de países de Europa, América, África e Asia, son as dúas fontes estatísticas que o grupo de investigación utiliza para levar a cabo a análise empírica. “Con esta información estatística, facemos un seguimento das tendencias sectoriais no PIB, o gasto de consumo, emprego, as participacións sectoriais dos factores e das rendas dos factores, os prezos relativos, as diferenzas salariais e a produtividade e buscaremos similitudes e diferenzas nos patróns de crecemento deste conxunto de países”, apunta Alonso, que sinala que no proxecto están interesados en dúas aplicacións: analizar os efectos macroeconómicos da política fiscal como elemento distorsionante da estrutura sectorial da actividade económica e, polo tanto, dos resultados agregados desa actividade e, doutra banda, estudar e caracterizar os aspectos medioambientais relacionados co proceso de crecemento e desenvolvemento económico sostido.

“A idea é que a calidade ambiental é un ben público; é dicir, ao aumentar a renda agregada a demanda de consumo desprázase cara a bens e servizos menos daniños para o medioambiente”, explica o investigador principal do proxecto.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎