DUVI. Diario da Universidade de Vigo
M閞cores, 08 de febreiro do 2017

Acompa馻dos polas docentes da FFT Susana Cruces e Iolanda Galanes

Alumnado vigu閟 participa en Letonia na xuntanza da asociaci髇 estrat閤ica europea en Dereito e Traduci髇

A Universidade participa neste programa de intercambio internacional por oito ano consecutivo


ImageUn grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución acaba de regresar de Ventspils en Letonia onde participaron xunto con outros estudantes romaneses, letóns, checos, franceses, portugueses e eslovacos no encontro anual da asociación estratéxica europea (KA2) en Dereito e Tradución, un programa de formación intensiva e especializada no que a Universidade de Vigo participa por oitavo ano consecutivo. Os estudantes seleccionados cursan o último ano do Grao de Tradución e Interpretación e teñen o inglés e o francés como principais linguas de traballo.

Duvi | Vigo
Un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución acaba de regresar de Ventspils en Letonia onde participaron xunto con outros estudantes romaneses, letóns, checos, franceses, portugueses e eslovacos no encontro anual da asociación estratéxica europea (KA2) en Dereito e Tradución, un programa de formación intensiva e especializada no que a Universidade de Vigo participa por oitavo ano consecutivo.

Os estudantes seleccionados cursan o último ano do Grao de Tradución e Interpretación e teñen o inglés e o francés como principais linguas de traballo. Durante a estancia, de quince días de duración, Alba López, María Rico, Álvaro Salgado, Ana Souto e Adriana Villamisar tiveron a oportunidade de pór en práctica as competencias de Tradución e Interpretación adquiridas durante estes anos de formación da man de especialistas internacionais, tanto das sete universidades asociadas ao programa, como de profesionais do dereito e da tradución dos respectivos países participantes.

Xunto a elas viaxaron tamén as profesoras do Departamento de Tradución e Lingüística Susana Cruces e Iolanda Galanes, responsables locais dunha iniciativa que se desenvolve no marco do programa Erasmus Plus e que é herdeira dos IP (intensive programe) nos que estas mesmas docentes participan desde 2009. Tras as primeiras edicións en Lorient (Francia) e Magdeburgo (Alemaña), a Universidade de Vigo foi sede do programa en 2011. Posteriormente Bucarest (Romanía), České Budějovice (na República Checa) e Porto (Portugal) acolleron este programa. “Este ano o programa tivo lugar en terras letoas, en concreto na Ventspils Augustskola que ofrece formación en Tradución e Interpretación e a próxima edición, en 2018, desenvolverase na Université Bretagne Sud,con sede en Lorient, coa que a Universidade de Vigo mantén unha estreita colaboración desde hai máis de 15 anos”, explica a profesora Iolanda Galanes.

15 días de exercicios prácticos, conferencias, mesas redondas, visitas...

O programa, titulado Sistemas xurídicos e o dereito mercantil na Unión Europea: traducir e interpretar na diversidade, está deseñado para darlle ao alumnado a oportunidade de adquirir coñecementos sobre dereito mercantil, xestión empresarial, dereito laboral, circulación de traballadores en Europa e dereito de contratos, “temáticas susceptibles de figuraren en documentos traducidos ou interpretados no mercado laboral”, explican desde Vigo.
Durante estes quince días, ademais dos exercicios prácticos, o alumnado participante asistiu a conferencias, mesas redondas de contraste de experiencias en cada país e múltiples visitas guiadas, actividades que se levaron a cabo nas linguas dos sete grupos participantes e en inglés, de modo que as tarefas prácticas como os exercicios preparatorios, a redacción de artigos, a redacción de currículos vitae e as cartas de presentación se realizaron en inglés e francés.

Os resultados do programa publicaranse proximamente en liña a través do sitio de internet http://www.lstiproject.eu editado polos socios lusos do Instituto Superior de Contabilidade e Administração de Porto, ISCAP, entidade que en 2016 lle concedeu a esta asociación estratéxica o premio Good Practices Internationalisation and Mobility en 2016.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎