DUVI. Diario da Universidade de Vigo
MÚrcores, 15 de febreiro do 2017

A instituciˇn acadÚmica dß conta da s˙a oferta formativa no salˇn que se celebra no Pazo da Cultura

A Universidade re˙nese co seu futuro en Edugal

Diferentes centros e titulaciˇns estßn representados no stand e participan nas charlas de orientaciˇn da feira


ImageMáis de 2000 alumnos e alumnas de preto de 35 institutos de diferentes puntos de Galicia pasarán entre este mércores e este venres polo recinto feiral de Pontevedra, onde se celebra a sexta edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia Edugal e onde a Universidade de Vigo conta un ano máis cun espazo propio no que informar e asesorar respecto da súa oferta académica aos que poderían ser os seus estudantes nun futuro próximo. “É o noso público potencial e interésanos darlles a coñecer, en todo o que se poida, a oferta académica da Universidade”, salientaba neste senso o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho.

Eduardo Muñiz | Pontevedra
Máis de 2000 alumnos e alumnas de preto de 35 institutos de diferentes puntos de Galicia pasarán entre este mércores e este venres polo recinto feiral de Pontevedra, onde se celebra a sexta edición do Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia Edugal e onde a Universidade de Vigo conta un ano máis cun espazo propio no que informar e asesorar respecto da súa oferta académica aos que poderían ser os seus estudantes nun futuro próximo. “É o noso público potencial e interésanos darlles a coñecer, en todo o que se poida, a oferta académica da Universidade”, salientaba o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, tralo acto inaugural, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, desta feira promovida pola Asociación e Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe), co patrocinio, entre outros, do Consello Social da Universidade.

Universidades, centros de formación profesional, institutos ou asociacións forman parte da listaxe de expositores dun salón que, como salienta Corbacho, permite ofrecer ao alumnado “unha panorámica que dá unha visión conxunta ao estudante” da oferta formativa que se abre para eles e elas tralo remate dos estudos obrigatorios. De aí que a institución académica buscase estar representada neste salón, tanto cun stand no que contan cun espazo propio diferentes facultades e escolas e no que o SIOPE ofrece información sobre os diferentes estudos, como nas charlas de orientación universitaria nas que participan representantes de centros dos tres campus, ou a través do ofrecemento aos centros de ensino que acudan á feira de realizar un percorrido guiado polos centros do campus.

Folletos, monoprazas e manobras de reanimación

“A nosa idea que o alumnado que non sabe o que se fai nunha enxeñaría poida ver exemplos prácticos”, salienta o director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pou, que achega a Edugal propostas como un simulador de grúa, unha exposición de biomateriais, un panel fotovoltáico ou un micro-texturizador por láser que volve un metal hidrófobo ou hidrófilo, xunto co dous monoprazas cos que a escudaría UVigo Motorsport competiu na Formula Student ou os prototipos cos que os estudantes poderá participar, o 28 de abril, na súa terceira Competición de Robots. Mostras de pellets, de novos produtos feitos con madeira ou mostras das diferentes liñas de investigación que se desenvolven no centro forman parte do espazo no que EE Forestal tamén informa sobre o seu Concurso Anual Intercentros, que mantén aberta a súa participación ata o 31 de marzo. Do mesmo xeito, tamén a Escola de Enfermaría busca neste espazo “visibilizar o traballo” das e os profesionais deste eido, amosando aos visitantes a realizar unha manobra de reanimación, a través dos seus simuladores clínicos de alta fidelidade, ou a través de simulacros de inmobilización dun accidentado.

“Nunha situación de sobresaturación de mensaxes, a información presencial ten moita importancia”, engade o vicedecano de CCSS e da Comunicación, Oswaldo García, dunha feira na que o centro amosa nunhas pantallas dalgún dos traballos realizados polo seu alumnado. Ao seu carón, representantes da delegación de alumnado de Ciencias da Educación e do Deporte ofrecen infomación sobre as diferentes titulacións da facultade, como tamén fan, no caso de Belas Artes, integrantes da asociación de ex-estudantes RedexBBAA, mentres que a EE de Minas e Enerxía está representada cunha exposición de paneis sobre materiais procedentes de explotacións mineiras e recursos naturais.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nˇs