DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 07 de marzo do 2017

A Fundaci髇 Transforma Espa馻 presenta un informe coordinado por Santiago Lago sobre esta cuesti髇

Un estudo prop髇 que as medidas econ髆icas dos programas electorais pasen unha auditor韆

No documento sux韗ese a s鷄 avaliaci髇 previa por parte dunha entidade independente


ImageProgramas electorais con propostas no eido económico máis coherentes e realistas grazas á súa avaliación previa por parte dunha entidade independente. Co reto de acadar este obxectivo, a Fundación Transforma España presentou este martes en Madrid o informe Coherencia económica dos programas electorais, coordinado por Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network, que colabora na iniciativa. Recalcando como os programas electorais xogan un papel fundamental no funcionamento da democracia, os expertos salientan a necesidade de garantir “a viabilidade orzamentaria e fiscal” das promesas electorais dos partidos políticos e de superar a diverxencia existente entre as propostas dos partidos e a percepción do votante en canto ao seu cumprimento.

Duvi | Ourense
Programas electorais con propostas no eido económico máis coherentes e realistas grazas á súa avaliación previa por parte dunha entidade independente. Co reto de acadar este obxectivo, a Fundación Transforma España presentou este martes en Madrid o informe Coherencia económica dos programas electorais, coordinado por Santiago Lago, catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo e director do Grupo Gen, Grupo de Investigación Governance and Economics Research Network, que colabora na iniciativa. Recalcando como os programas electorais xogan un papel fundamental no funcionamento da democracia, os expertos salientan a necesidade de garantir “a viabilidade orzamentaria e fiscal” das promesas electorais dos partidos políticos e de superar a diverxencia existente entre as propostas dos partidos, “de gran contido retórico e un grao de concreción escaso”, e a percepción do votante en canto ao seu cumprimento.

O acto de presentación do informe estivo presidido por Eduardo Serra, presidente da Fundación Transforma España e ex ministro de Defensa, e contou coa participación do seu coordinador, Santiago Lago, e dos relatores Joaquín Artés e Roberto Fernández Llera. Tamén houbo representación de partidos políticos, estando Ramón Moreno, do PP; José Enrique Muñoz, do PSOE, e Begoña Villacís, de Ciudadanos. “Temos unha cidadanía madura, é hora de que os programas electorais conteñan propostas concretas e abandonen a pura retórica. Se ademais estas propostas concretas poden ser avaliadas, a cidadanía coñecerá a viabilidade das mesmas e por tanto a posibilidade do seu cumprimento”, afirmou Eduardo Serra. A entidade que preside impulsa e promove desde o ano 2013 a investigación e posta en marcha de diferentes actuacións para contribuír ao progreso estatal.

Para as eleccións de 2020

No traballo Coherencia económica dos programas electorais analízase a pertinencia de realizar unha rigorosa avaliación ex ante dos programas electorais dos partidos políticos por parte de organismos ou entidades independentes. Unha análise da literatura académica sobre o tema, así como as esixencias de transparencia e bo goberno, indícase no informe, levan a concluír que dita avaliación sería “moi conveniente para mellorar o funcionamento do noso sistema de democracia representativa”. Obtida esa conclusión preliminar, no informe exponse como habería de levar a cabo dita avaliación para que resultase viable e útil. Deste xeito, proponse que sexa realizada por “un organismo politicamente independente, socialmente recoñecido e con capacidade e solvencia para realizar rigorosas análises técnicas sobre os efectos fiscais e orzamentarios das políticas públicas”.

Suxírese que o organismo máis axeitado en España é hoxe en día a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF), establecida por iniciativa da Unión Europea e que ten como fins a avaliación continua do ciclo orzamentario e do endebedamento e a análise das previsións económicas. "En todo caso, no informe propomos como unha fórmula alternativa a creación dun grupo de traballo de expertos independentes amparados por fundacións da sociedade civil, se as modificacións lexislativas precisas non fosen factibles no prazo necesario. O proceso de avaliación é tan importante e necesario que hai que contar cun plan B para garantir a súa execución", afirmou Santiago Lago durante a presentación. Cun horizonte amplo para asentar e desenvolver a proposta, na presentación da iniciativa indicouse que as eleccións do 2020 poderían ser "un excelente punto de inicio", coincidindo coa finalización do período transitorio que prevé a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira.

“Este proxecto non ten a intención de menoscabar a capacidade de iniciativa e proposta dos partidos políticos, senón conducila por criterios de transparencia e racionalidade”, recalcaron Joaquín Artés e Roberto Fernández Llera, relatores do informe. A avaliación proposta, indicaron, céntrase nos efectos orzamentarios directos en gasto e ingresos públicos, déficit e débeda, asegurando que os programas electorais que cheguen a mans dos votantes conteñan propostas viables e coherentes nun momento no que o control do déficit e os obxectivos de estabilidade orzamentaria colócanse como a primeira prioridade política e xestora. Este tipo de auditorías, sinalouse na presentación, xa están consolidadas nalgúns países europeos, como Holanda.

O "lugar que merecen" os programas electorais

Esta iniciativa é a continuidade que dá a Fundación Transforma España ao Decálogo dun programa electoral e á enquisa de Sigma Dúas, realizados o pasado ano, onde se puxo de manifesto que o 80% dos cidadáns aposta pola auditoría dos programas electorais e que só 13 de cada 100 españois cre no cumprimento das promesas políticas. O informe Coherencia económica dos programas electorais, recalcan desde a entidade promotora, “culmina así un traballo de máis de dous anos cuxo obxectivo foi devolver aos programas o lugar que merecen nunha democracia representativa de calidade”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎