DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 17 de marzo do 2017

Un grupo de 18 estudantes deste centro de Gondomar visitou a EE Forestal

O alumnado do IES Auga da Laxe retorna sa oliveira

Con esta actividade, o instituto conmemora cada ano o Da Mundial dos Bosques


ImageNo ano 2014, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques na EE Forestal, o alumnado do IES Auga da Laxe de Gondomar contribuíu á plantación dunha oliveira nos xardíns situados diante do centro. Instaurábase así o que comeza a ser xa unha tradición para este instituto, que cada ano retorna á Xunqueira para conmemorar esta data, que se celebra o vindeiro martes 21, cunha visita á escola. Visita que, ademais de para coñecer as características da titulación que se imparte neste centro e visitar os seus diferentes laboratorios, serviu tamén para regar e aboar a que é xa a súa árbore no campus.

Duvi | Pontevedra
No ano 2014, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial dos Bosques na Escola de Enxeñaría Forestal, o alumnado do IES Auga da Laxe de Gondomar, contribuíu á plantación dunha oliveira nos xardíns situados diante deste centro do campus pontevedrés. Instaurábase así o que comeza a ser xa unha tradición para este instituto, que cada ano retorna á Xunqueira para conmemorar esta data, que se celebra o vindeiro martes 21, cunha visita á escola. Visita que, ademais de para coñecer as características da titulación que se imparte neste centro e visitar os seus diferentes laboratorios, serviu tamén para regar e aboar a que é xa a súa árbore no campus.

Un total de 18 estudantes de 2º de Bacharelato, que cursan as materias de Ciencias da Terra e Bioloxía, participaron nunha visita que se abriu cunha presentación da titulación e dos seus diferentes ámbitos de traballo por parte do profesor e secretario da escola, Juan Picos. Tralo coloquio, chegou o momento de percorrer os laboratorios da escola, onde o persoal docente lles ía achegando ás diferentes áreas de traballo e investigación que se desenvolven no centro. “Case que os facemos os xefes da escola por un día”, salienta Picos dunha xornada “que buscamos que non sexa unha actividade de orientación, senón que intentamos darlle un carácter formativo”.

Nesa mesma liña, o profesor do Auga da Laxe Alberto Cifuentes destaca tamén como obxectivo desta visita, que neste 2017 chegou con adianto ao propio Día Mundial dos Bosques, é que o alumnado “coñeza a escola e se poña en contacto co mundo universitario, xa que son estudantes de último ano de Bacharelato”. Mais tamén, recoñece, para achegarse de novo  a“unha oliveira que xa ten o nome do instituto”
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con ns