DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 21 de marzo do 2017

Profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, faleceu o pasado venres

O campus fica en silencio en memoria de Antonio Maceira

Centos de persoas reuníronse ás portas da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte


ImageAlumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte baleiraron este mediodía o interior deste centro do campus para reunirse ás súas portas e gardar un minuto de silencio en memoria do profesor Antonio Delfín Maceira Gago, falecido o pasado venres. “Era un gran profesor, moi querido por todos e o seu falecemento supón un gran pesar para toda a comunidade universitaria, especialmente para esta facultade”, salientou o decano do centro, Vicente Romo, trala celebración desta pequena homenaxe ao que foi docente deste centro desde os seus inicios.

Duvi | Pontevedra
Alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte baleiraron este mediodía o interior deste centro do campus para reunirse ás súas portas e gardar un minuto de silencio memoria do profesor Antonio Delfín Maceira Gago, falecido o pasado venres. “Era un gran profesor, moi querido por todos e o seu falecemento supón un gran pesar para toda a comunidade universitaria, especialmente para esta facultade”, salientou o decano do centro, Vicente Romo, trala celebración desta pequena homenaxe, á que se sumou tamén profesorado doutros centros, ao que foi profesor titular do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación e docente deste centro desde os seus inicios.

Sacerdote ademais de docente, Maceira faleceu o pasado venres na súa casa no Grove e foi enterrado este domingo na súa parroquia natal de Santa María de Oural, no concello coruñés de Boqueixón. Doutor en Psicoloxía pola USC, Maceira Gago foi durante anos o secretario xeral do Instituto Galego de Cooperación Iberoamericana, así como editor da Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana.

O seu funeral terá lura este sábado 25 de marzo, ás 12.00 horas, na parroquia de San Martiño de Bueu, onde exercía como sacerdote.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós