DUVI. Diario da Universidade de Vigo
M閞cores, 22 de marzo do 2017

Universidade e Deputaci髇 renovaron este m閞cores o seu convenio de colaboraci髇 anual

220.000 euros para actividades culturais e deportivas, investigaci髇 e mobilidade no campus de Ourense

Os representantes das d鷄s instituci髇s salientaron a alianza existente entre ambas


Image220.000 euros para a promoción e o fomento de actuacións e programas en materia de cultura, educación e deporte a desenvolver no campus de Ourense e que redunden en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia. Con este obxectivo, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense, asinaron este mércores o convenio de colaboración anual entre as dúas institucións, incrementándose a contía que a entidade provincial destina neste 2017 ao financiamento de actividades culturais e deportivas, de mobilidade de estudantes e de fomento da investigación realizadas desde o campus ourensán. Trátase, apuntou o reitor, “dun convenio estrutural” que permite continuar consolidando o campus de Ourense como “o campus non central máis solvente” do mapa universitario galego.

Rosa Tedín | Ourense
220.000 euros para a promoción e o fomento de actuacións e programas en materia de cultura, educación e deporte a desenvolver no campus de Ourense e que redunden en beneficio da sociedade e do interese xeral da provincia. Con este obxectivo, Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, e Manuel Baltar, presidente da Deputación Provincial de Ourense, asinaron este mércores o convenio de colaboración anual entre as dúas institucións, incrementándose a contía que a entidade provincial destina neste 2017 ao financiamento de actividades culturais e deportivas, de mobilidade de estudantes e de fomento da investigación realizadas desde o campus ourensán. Trátase, apuntou o reitor, “dun convenio estrutural” que permite continuar consolidando o campus de Ourense como “o campus non central máis solvente” do mapa universitario galego.

Trala sinatura do acordo, Salustiano Mato fixo fincapé no “importante que é sentir a calor institucional cara a universidade”, sobre todo “nos tempos que nos tocou vivir” de recortes. O reitor da Universidade de Vigo lembrou cifras do campus de Ourense, como a súa taxa de ocupación dun 96% ou o feito de que arredor da metade do alumnado procede de fóra da provincia, para recalcar que “aquí aspírase a facer universidade de futuro”. Nesa creación de futuro, Mato puxo o aceno tanto no proxecto de especialización do campus de Ourense como Campus da Auga como nas novas titulacións de dobre grao e mestrado previstas a curto prazo. Pola súa banda, Manuel Baltar subliñou como “un ano máis renovamos esta alianza, que supón a implicación da Deputación co seu campus, o campus de Ourense”. O presidente provincial amosou o compromiso da súa institución de seguir sendo “un fiel colaborador e aliado do campus de Ourense”, campus do que recalcou o feito de ser “un espazo de captación de valor e coñecemento para o territorio” e “sinónimo de futuro”.

Tres liñas principais de actuación

Segundo recolle o convenio, a Deputación Provincial de Ourense achegará a cantidade de 220.000 euros, IVE incluído, á Universidade de Vigo para actividades a desenvolver ao longo do ano 2017 na provincia de Ourense dende a Vicerreitoría do Campus de Ourense. O convenio abrangue tres liñas de actuación, como son actividades culturais e deportivas, mobilidade e investigación. O programa de proxección universitaria e actividades culturais que se financia inclúe a Sala Alterarte; as aulas e obradoiros; as aulas de formación teatral; as rutas culturais, o coro universitario, os cursos de verán; a promoción da investigación sobre o Entroido; a Cátedra Carlos Casares; o concerto de Nadal; o ciclo Portugués Perto; o e Curso de formación didáctica da ficción e creación literaria, ademais de actividades que fomenten a igualdade e inclusión de todas as persoas. Sobre este programa, Salustiano Mato salientou a súa importancia en tanto que “nos fai mergullar máis coa sociedade ourensá”, xa que se trata de actividades abertas á cidadanía.

O convenio tamén abrangue un programa de apoio á mobilidade estudantil para o alumnado do campus, a través do que se conceden axudas complementarias para o alumnado integrado no Programa Erasmus. Sobre este aspecto, o reitor destacou “o valor engadido” que ten para os estudantes estas axudas. Por último, o acordo asinado este mércores tamén financiará o programa específico de apoio a grupos de investigación do campus de Ourense Inou 2017. Desta iniciativa, Salustiano Mato recalcou como supón “un estímulo para os novos e emerxentes investigadores do campus de Ourense”, que atopan na participación neste programa “un inicio no camiño que lle permite logo ter obxectivos máis ambiciosos”. Por último, no convenio a Deputación de Ourense resérvase a posibilidade de programar algunha outra actividade con cargo a este convenio sempre e cando a dispoñibilidade orzamentaria o permita e existindo razóns obxectivas de interese social ou institucional, sendo en todo caso preceptivo acordar coa Universidade en tempo e forma a programación dalgunha actividade allea ao convenio.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎