DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 20 de abril do 2017

Do 22 ao 28 de maio permanecerá aberta todos os sábados e domingos

Comezan na Biblioteca os horarios especiais de apertura

Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra pecharán durante a semana ás 03.00 h da madrugada


ImageAnte a chegada inminente dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria amplía como cada curso os seus horarios de apertura coa finalidade de axudar ao estudantado na preparación dos exames e a realización dos traballos de fin de grao ou mestrado. Os novos horarios, que darán comezo o 22 de abril, comprenden aperturas nocturnas e de fin de semana nos centros dos tres campus, incluíndo tamén os festivos do 1 e 17 de maio. Durante estas aperturas extraordinarias, as bibliotecas só prestarán un servizo de espazo para o estudo e de consulta de material bibliográfico, pero non se realizarán préstamos.

Duvi | Vigo
Ante a chegada inminente dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria amplía como cada curso os seus horarios de apertura coa finalidade de axudar ao estudantado na preparación dos exames e a realización dos traballos de fin de grao ou mestrado. Os novos horarios comprenden aperturas nocturnas e de fin de semana nos centros dos tres campus, incluíndo tamén os festivos do 1 e 17 de maio. Durante estas aperturas extraordinarias, as bibliotecas só prestarán un servizo de espazo para o estudo e de consulta de material bibliográfico, pero non se realizarán préstamos.

Entre o 22 de abril e o 28 de maio, ambos incluídos, as bibliotecas de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra comezarán a abrir as súas portas todas as fins de semana de 08.00 h a 22.00 h, mentres que a Biblioteca Central no campus de Vigo pechará as súas portas ás 21.00 h os sábados e os domingos deste mes.

Ademais, dende o día 24 de abril as bibliotecas de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra manteranse abertas de luns a venres ata as 03.00 h da madrugada.

O segundo cuadrimestre, que comezou o 20 de xaneiro, rematará o vindeiro 31 de maio, e o período de entrega de actas de grao estenderase ata o 10 de xuño, mentres que no caso dos traballos de fin de grao e mestrado a data límite será o 23 de xuño.

Para máis información sobre horarios e centros pódese consultar a web da Biblioteca.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós