DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Xoves, 04 de maio do 2017

O catedr醫ico Xavier Labandeira participa en dous eventos internacionais en Italia e Alema馻

Do lago de Como a Bonn para afondar nos aspectos econ髆icos do cambio clim醫ico


Image Radiografiar o que se está a facer en España e Portugal sobre os aspectos económicos do cambio climático, ademais de participar nos debates e discusións entre os principais expertos europeos, é o labor que o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Xavier Labandeira desenvolverá este xoves e venres en Vila Vigoni, no lago de Como, onde un total de 25 economistas europeos sobre cambio climático en Europa, reuniranse á beira do lago italiano, a instancias do Ministerio de Economía alemán, para debater sobre o estado de coñecemento económico sobre cambio climático en Europa.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
Radiografiar o que se está a facer en España e Portugal sobre os aspectos económicos do cambio climático, ademais de participar nos debates e discusións entre os principais expertos europeos, é o labor que o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Xavier Labandeira desenvolverá este xoves e venres en Vila Vigoni, no lago de Como, onde un total de 25 economistas europeos sobre cambio climático en Europa, reuniranse á beira do lago italiano, a instancias do Ministerio de Economía alemán, para debater sobre o estado de coñecemento económico sobre cambio climático en Europa e a que campos deben tratar de dar cobertura, dotándoos de fondos de investigación.

Días despois, Labandeira viaxará a Bonn, sede da Convención Marco sobre Cambio Climático de Nacións Unidas, onde coorganizará desde a Florence School of Regulation Climate, que dirixe, un evento coa Comisión Europea sobre política climática e enerxética europea, co obxectivo de informar, cunha pequena intervención e un debate en mesa redonda aos asistentes á reunión (gobernos, ONGs, etc) como se está a avanzar nas políticas climáticas europeas nos últimos anos.

Cal é o estado da investigación en Europa sobre aspectos económicos do cambio climático?

“Penso que é a primeira vez que se fai e a iniciativa partiu do ministerio alemán de Economía, que quere saber o estado da investigación en Europa sobre aspectos económicos do cambio climático e identificar posibles campos que necesiten máis esforzos e investigación, supoño que para financialos eles en Alemaña”, explica Labandeira en relación coa xuntanza de Vila Vigoni. Neste sentido, o catedrático da Universidade de Vigo lembra que no país xermano se está a producir nos últimos anos unha transición enerxética cara á economía descarbonizada moi importante, co fomento das renovables a grande escala e o peche das centrais nucleares, e que esta iniciativa “di moito da seriedade co que toma o goberno alemán este tema e como se pivotan as cousas desde un dos ministerios fundamentais en todo goberno: economía”.

Labandeira, ao que lle solicitaron que realizase unha radiografía das cousas que se están a facer en España e Portugal, ademais de participar nos debates e discusións entre os principais expertos europeos, explica que poñerá a o acento “nas investigacións recentes no campo do uso dos instrumentos económicos para a mitigación do cambio climático”.
Xunto a Anil Markandaya do BC3 Basque Center for Climate Change University do País Vasco, Xavier Labandeira é o único representante español na xuntanza que se desenvolverá no lago de cómo.

Informar do avances nas políticas climáticas europeas nos últimos anos

Rematada a súa intervención no foro italiano, o catedrático vigués viaxará a Bonn, sede da Convención Marco sobre Cambio Climático de Nacións Unidas, tratado asinado a comezos da década de 1990, baixo o que se desenvolven os cumios climáticos anuais e enmárcanse o Protocolo de Kyoto ou o recente Acordo de París. “Todos os anos hai unha xuntanza intermedia en Bonn na que os negociadores dos distintos gobernos avanzan sobre os temas acordados nos cumios de final de ano, COPs, e preparan a axenda/obxectivos para seguinte COP, que este ano, de feito, será en Bonn, tras terse realizado en 2016 en Marrakech”, explica Labandeira, que na cidade alemá coorganizará, desde Florencia, un evento coa Comisión Europea sobre política climática e enerxética europea.

O catedrático de Economía Aplicada incide na relevancia do evento “porque aprendemos moito e tamén nos equivocamos en certas cousas e iso pode axudar aos países que van comezar a aplicar medidas como as nosas nos próximos anos para cumprir cos seus compromisos dentro do Acordo de París”, explica Labandeira, que destaca que a persoa que coorganiza con el o evento é o negociador xefe da Unión Europea, que negocia en nome da UE no ámbito da Convención Marco e tratados desenvolvidos dentro dela.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎