DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 23 de maio do 2017

A Asociación de Ciencias da Educación organiza cada semana un encontro no Pavillón de Estudantes

Os martes o café e a conversa corren por conta de Auce

O obxectivo da iniciativa é dinamizar a participación do alumnado na actividade do campus e da cidade


ImageUn café-encontro no que o alumnado das diferentes titulacións se poida achegar a compartir conversa e tempo de ocio e a informarse sobre a actividade que ten á súa disposición tanto do campus de Ourense como na cidade en xeral. Con este obxectivo, desde o pasado mes de abril e ata finais de xuño, Auce, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación do campus de Ourense, organiza cada martes na sala común do Pavillón de Estudantes un café aberto e de balde para todas as persoas interesadas. As sesións, que teñen lugar de 10.00 a 13.00 h, tamén son aproveitadas para desenvolver diferentes actividades culturais, como proxeccións e conferencias.

Duvi | Ourense
Un café-encontro no que o alumnado das diferentes titulacións se poida achegar a compartir conversa e tempo de ocio e a informarse sobre a actividade que ten á súa disposición tanto do campus de Ourense como na cidade en xeral. Con este obxectivo, desde o pasado mes de abril e ata finais de xuño, Auce, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación do campus de Ourense, organiza cada martes na sala común do Pavillón de Estudantes un café aberto e de balde para todas as persoas interesadas. As sesións, que teñen lugar de 10.00 a 13.00 h, tamén son aproveitadas para desenvolver diferentes actividades culturais, desde a proxección de audiovisuais ata a celebración de conferencias.

Os cafés, explica Noemí Giráldez, xurdiron do desexo de abrir a asociación e as súas actividades ao alumnado dos diferentes centros do campus e coa intención última de contribuír a dinamizar a participación do alumnado na actividade do campus e da cidade en xeral. Cada estudante que se achega pode tamén coñecer nestes encontros as diferentes liñas de actuación de Auce e as posibilidades que ten o alumnado de implicarse nelas. Outro dos puntos de interese desta actividade, apuntan os seus responsables, é que ofrece ao alumnado do campus a oportunidade de coñecer a axenda cultural e de ocio da cidade, xa que os membros da entidade realizan cada semana un recolleita da información dispoñible en diferentes páxinas webs e puntos de información e a plasman nun mural ubicado na sala de encontro.

Co obxectivo de facer máis dinámicos estes cafés, cando a súa celebración os martes coincide no calendario con algún evento especial compleméntanse co desenvolvemento dunha programación específica. Deste xeito, o Día das Letras Galegas, o pasado 17 de maio, os cafés contaron con diferentes actividades arredor da figura de Carlos Casares, o escritor homenaxeado nesta edición. As persoas que asistiron puideron asistir á proxección de Vento ferido e a unha lectura e debate sobre novelas e artigos do autor ourensán, gravándose un programa de radio que logo foi emitido en Radio Fedello, a canle de radio de Auce. Do mesmo xeito, o Día do Libro, o pasado 23 de abril, foi aproveitado para facer unha programación arredor do mundo editorial, contando cunha sesión de contos e charlas sobre o mundo editorial e a literatura infantil desde a perspectiva de xénero.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós