DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 12 de xuño do 2017

44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual celebraron a súa graduación

O futuro do audiovisual pecha unha etapa en CCSS e da Comunicación

O acto estivo ambientado na estética dos anos 20


ImageRepresentar o “pasado, presente e futuro do cinema”, exemplificados estes últimos nos 44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual foi a idea que levou ao novo graduado Martín Franco a ambientar na década de 1920 a gala na que na tarde do venres celebraban a súa graduacion as e os integrantes da quinta promoción desta titulación de CCSS e da Comunicación. Un acto que constituía así mesmo o seu traballo de fin de grao e no que o decano, Xosé Baamonde, destacou a “boa base de talento e capacidade de traballo” coa que esta promoción afronta agora un novo camiño nun eido, no que lembrou, “a formación non remata nunca”.

Duvi | Pontevedra
Representar o “pasado, presente e futuro do cinema”, exemplificados estes últimos nos 44 novos titulados e tituladas en Comunicación Audiovisual foi a idea que levou ao novo graduado Martín Franco a ambientar na década de 1920 a gala na que na tarde do venres celebraban a súa graduacion as e os integrantes da quinta promoción desta titulación da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Un acto que constituía así mesmo o seu traballo de fin de grao e no que o decano, Xosé Baamonde, destacou a “boa base de talento e capacidade de traballo” coa que esta promoción afronta agora un novo camiño nun eido, no que lembrou, “a formación non remata nunca”.

O acto que abriu unha conexión en directo cos propios graduados e graduadas, previo á súa entrada no mesmo, foi conducido por Sergio Alfonso e completou os discursos e a entrega de bandas coas actuacións musicais e coa proxección dun vídeo que compilaba unha serie de testemuños dos propios estudantes. “Tede coraxe e decisión”, apuntou Baamonde nun acto que contou tamén coas intervencións de Francisco Medina e Martín Franco en representación do alumnado e dos dous padriños académicos, Oswaldo García e Fortunato Rodríguez. García abriu a súa intervención confesando que “con ningunha promoción discutín máis que coa vosa”, motivo polo que expresou a súa sorpresa e agradecemento por ter sido escollido padriño. O tamén coordinador do grao, Fortunato Rodríguez, pola súa banda, lembrou a esta "nova promoción de creadores visuais" que a súa é a “profesión máis vella do mundo”, a de contar historias, polos que lles animou a seguir traballando para a culminación “dun sono moi antigo, que se denomina o sono de Bach, expresar ideas e sentimentos por medio da música, a luz e a cor”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós