DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 12 de xuño do 2017

Oito estudantes de Belas Artes amosan unha serie de pezas en vídeo desenvolvidas ao longo do curso

Autorretratos en bucle toman a Sala X

A iniciativa completouse cunha intervención nas vitrinas da entrada con fotogramas destas obras


ImageDezaseis pezas de vídeo, que responden a diferentes intereses e temáticas, pero que teñen como punto de partida a idea do autorretrato, exhíbense ao longo deste luns na Sala X. Trátase dos resultados dos traballos que oito estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, realizaron para a materia Laboratorio de tempo, que imparte Fernando Suárez, e que nesta xornada protagonizan unha intervención videográfica no que as dúas obras creadas por cada alumno exhíbense de forma simultánea nun xogo de pantallas instalado para a ocasión neste espazo expositivo da facultade.

Duvi | Pontevedra
Dezaseis pezas de vídeo, que responden a diferentes intereses e temáticas, pero que teñen como punto de partida a idea do autorretrato, exhíbense ao longo deste luns na Sala X. Trátase dos resultados dos traballos que oito estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación, realizaron para a materia Laboratorio de tempo, que imparte Fernando Suárez, e que nesta xornada protagonizan unha intervención videográfica no que as dúas obras creadas por cada alumno exhíbense de forma simultánea nun xogo de pantallas instalado para a ocasión neste espazo expositivo da facultade. Así mesmo, a iniciativa complétase cunha intervención nos espazos do Proxecto Vitrinas, situado na entrada do centro, onde poden verse diferentes fotogramas destes autorretratos.

“Partindo dun tema tan sinxelo como o autorretrato, había liberdade absoluta, polo que o interesante é que non hai ningún vídeo que se pareza ao outro”, salienta a estudante Aitana Tubío, coordinadora xunto con Suárez, dunha intervención na que se amosan os traballos de Patricia Coucheiro, Marta Cousiño, María Xosé Domínguez, Iago Fernández, Gabrielle Mendieta, Ana Pérez Valdés, Vanesa Soares e da propia Tubío. Así, combínanse pezas que recuperan vídeos domésticos da propia infancia dos autores, con outras que afondan na súa vida cotiá nunha instalación na que as obras se reproducen en bucle nun xogo de dúas pantallas, nas que as dúas obras de cada artista se amosan de forma simultánea.

Vídeos que saen da sala

Se a reprodución continua destes traballos limítase a nesta xornada, o que si permanecerá exposto na facultade é a intervención nas vitrinas da súa entrada que a complementaba. “Neste caso tiñamos a limitación técnica, polo que o que fixemos foi unha especie de proxección”, relata Tubío dunha iniciativa na que fotogramas destes autorretratos foron inseridos nas vitrinas por parellas e empregando un papel vexetal que permitía "xogar coa luz das propias vitrinas" e combinar así os diferentes proxectos.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós