DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 27 de xu駉 do 2017

A instituci髇 acada o Human Resources Excellence in Research da Comisi髇 Europea

A Universidade certifica o seu compromiso coa excelencia investigadora coa obtenci髇 do selo internacional HRS4R

Unha ducia de universidades espa駉las contan con este reco馿cemento


ImageTras presentar a súa solicitude o pasado mes de novembro de 2016, a Universidade de Vigo vén de obter o selo de excelencia en Recursos Humanos de Investigación, HR Strategy for Researchers HRS4R, da Comisión Europea, que recoñece publicamente ás institucións que progresan na adecuación das súas políticas de recursos humanos aos principios definidos na Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a contratación deste persoal. Para a vicerreitora de Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo, que valora de xeito moi positivo a obtención do selo, acadalo “pon de manifesto o compromiso da institución na procura da excelencia e a mellora continua no que respecta aos recursos humanos de investigación, así como coa difusión da actividade investigadora á sociedade”, explica Asunción Longo.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
Tras presentar a súa solicitude o pasado mes de novembro de 2016, a Universidade de Vigo vén de obter o selo de excelencia en Recursos Humanos de Investigación, HR Strategy for Researchers HRS4R, da Comisión Europea, que recoñece publicamente ás institucións que progresan na adecuación das súas políticas de recursos humanos aos principios definidos na Carta Europea do Investigador e do Código de Conduta para a contratación deste persoal. Para a vicerreitora de Investigación e Transferencia da Universidade de Vigo, que valora de xeito moi positivo a obtención do selo, acadalo “pon de manifesto o compromiso da institución na procura da excelencia e a mellora continua no que respecta aos recursos humanos de investigación, así como coa difusión da actividade investigadora á sociedade”, explica Asunción Longo, que avanza que o selo permite á Universidade levar a cabo un plan de acción que abordará os aspectos que durante a análise da situación inicial se detectou que precisaban melloras.

Longo, que agradece a implicación desinteresada no proceso para a obtención do selo de todo o persoal investigador e o de administración e servizos da Universidade, incide tamén na importancia que este recoñecemento europeo ten desde o punto de vista do posicionamento e visibilidade da institución para a captación de talento e a participación en programas de I+D+i. Coa obtención do HRS4R Vigo súmase á ducia de universidades españolas que contan co recoñecemento da Comisión Europea, que posúen institucións dunha trintena de países europeos.

Un proceso vivo que se prolongará durante anos

A concesión do selo é só o primeiro paso dun proceso que se prolongará durante os próximos anos nos que “os cambios que se poderán observar serán graduais e corresponderanse coas accións propostas no noso plan de acción”, explica Longo, que avanza que se prestará especial atención á implementación de procedementos claros e transparentes para a contratación de persoal investigador. A elaboración e publicación de guías de boas prácticas en investigación, a de fichas con información sobre as convocatorias que poidan servir de apoio ao persoal investigador ou dun manual de benvida para as e os investigadores que empezan a súa vinculación coa Universidade son algunhas das accións que se poñerán en marcha. “Tamén se incidirá en aspectos éticos, de formación do persoal investigador en competencias transversais, asesoramento no desenvolvemento da carreira investigadora e mentorización e adquiriranse ou desenvolveranse ferramentas de interese, como pode ser software anti-copia ou catálogo de infraestruturas científico-tecnolóxicas da Universidade de Vigo”, detalla a vicerreitora.

Transcorridos dous anos desde que se outorga o selo, realizarase unha auditoría interna para monitorizar o cumprimento do plan de acción, para o que se contará co asesoramento de expertos externos internacionais da Comisión Europea. “Nese intre é posible corrixir e ampliar o plan de acción se fose necesario e pasados cinco anos terá lugar unha auditoría presencial por parte de expertos da Comisión. Como resultado das auditorías, como en calquera outro proceso de acreditación, pódense recibir novas suxestións de mellora e, en casos moi extremos, tamén se podería retirar o selo”, explica Longo.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎