DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 19 de xu駉 do 2017

A final celebrouse esta fin de semana en Madrid

Thunders Uvigo, subcampi髇s de Espa馻 de League of Legends na liga universitaria de eSports

O equipo vigu閟 caeu na final ante os Bocats da Universidad de La Laguna


ImageO equipo universitario vigués de eSports, Thunders UVigo, proclamouse esta fin de semana subcampión de España de League of Legends na final da liga universitaria de eSports –OGSeries University- celebrada no Polideportivo Antonio Magariños de Madrid. O título deixa nos vigueses un sabor agridoce xa que, pese a ser debutantes na competición, desde o principio do torneo víronse con posibilidades de acadar o primeiro posto. “Chegamos con moitas forzas tras vencer aos Stingrays de Valencia, pero tamén conscientes de que a batalla non ía ser doada”, explica xa de volta en Galicia Javier Carrera Gravity, un dos integrantes do equipo, quen salientou que, “pese a todo, estamos moi satisfeitos, xa que foi unha experiencia fantástica”.

D. Besadío | Vigo
O equipo universitario vigués de eSports, Thunders UVigo, proclamouse esta fin de semana subcampión de España de League of Legends na final da liga universitaria de eSports –OGSeries University- celebrada no Polideportivo Antonio Magariños de Madrid. O título deixa nos vigueses un sabor agridoce xa que, pese a ser debutantes na competición, desde o principio do torneo víronse con posibilidades de acadar o primeiro posto. “Chegamos con moitas forzas tras vencer aos Stingrays de Valencia, pero tamén conscientes de que a batalla non ía ser doada”, explica xa de volta en Galicia Javier Carrera Gravity, un dos integrantes do equipo, quen salientou que, “pese a todo, estamos moi satisfeitos, xa que foi unha experiencia fantástica”.

Se ben o enfrontamento non puido comezar mellor para os vigueses, que gañaron a primeira das tres partidas que impón o regulamento de OGSeries University, as cousas torcéronse na segunda e ao equipo vigués fíxoselle imposible a remontada. “Fixemos unha serie de malas rotacións que eles souberon aproveitar moi ben e finalmente foron eles os que se proclamaron campións”, engadiu Gravity, ao tempo que explicou que dos catro equipos que chegaron á final – provenientes de Málaga, Tenerife, Valencia e Vigo-, salvo o equipo andaluz, todos eran debutantes na categoría.

Nova fichaxe para substituír a Yurner0s

Finalizada a liga universitaria, Thunders Uvigo descansará ata a vindeira tempada, se ben os integrantes do equipo continuarán participando en diferentes torneos, neste caso xa a nivel individual. Xunto a Gravitiy, estudante de Ciencias do Mar, o quinteto vigués está composto por Mario González, coñecido no universo virtual como Yurner0s, que este curso remata Enfermería e para quen o equipo conta xa cun novo estudantes que o substitúa na próxima liga universitaria; o estudante de Enxeñaría Informática Pablo González Peiboll –irmá de Yurner0s-; o alumno de Enxeñaría de Telecomunicación, Iago Pallares Epsyle e Pablo Vilaboa Speiwalker, que cursa Enxeñería Mecánica.
“Imaxino que, tras os resultados acadados nesta primeira temporada, ao longo do verán chegaranos algunha solicitude para entrar no equipo”, subliñou Gravity, quen apuntou que se ben o equipo ten as portas abertas a novas incorporacións “non xogamos tantos partidos como para precisar un número moi elevado de suplentes, de feito, non deberiamos ser máis de seis”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con n髎