DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 23 de xuño do 2017

33 estudantes do Programa Universitario de Maiores festexaron o remate de ciclo

O alumnado sénior tamén se gradúa no campus

O acto tivo lugar este xoves no Edificio Politécnico do campus


ImageEntre os actos de graduación que estas semanas se suceden no campus de Ourense este xoves foi o alumnado sénior o que celebrou o remate de ciclo. A XIII promoción de graduadas e graduados universitarios sénior e a II promoción de graduadas e graduados universitarios superior festexaron con membros da comunidade universitaria, familiares e amigos a consecución dun título que simboliza as ansias de seguir medrando como persoas que teñen demostrado cada un deles e delas. Con máis de 55 anos, os homenaxeados e homenaxeadas volveron ás aulas non para orientar a súa vida laboral senón pola paixón de aprender e por ese afán recibiron o aplauso dos presentes na graduación.

Duvi | Ourense
Entre os actos de graduación que estas semanas se suceden no campus de Ourense este xoves foi o alumnado sénior o que celebrou o remate de ciclo. A XIII promoción de graduadas e graduados universitarios sénior e a II promoción de graduadas e graduados universitarios superior festexaron con membros da comunidade universitaria, familiares e amigos a consecución dun título que simboliza as ansias de seguir medrando como persoas que teñen demostrado cada un deles e delas. Con máis de 55 anos, os homenaxeados e homenaxeadas volveron ás aulas non para orientar a súa vida laboral senón pola paixón de aprender e por ese afán recibiron o aplauso dos presentes na graduación que se celebrou este xoves.

O acto, que tivo lugar no Edificio Politécnico do campus, tivo como padriño da graduación ao catedrático emérito da Universidade de Vigo Luis Rodríguez Ennes e como madriña á docente Patricia Alonso. Para os novos graduados e graduadas Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Alberto Vaquero, coordinador do Programa Universitario de Maiores no campus de Ourense, e Xan Losada, presidente da Asociación de Maiores neste campus, tiveron palabras de recoñecemento e admiración. Salientando como neste acto se graduaron 19 alumnos e alumnas do ciclo intensivo e 14 do ciclo integrado, Alberto Vaquero subliñou como “na actualidade no campus de Ourense hai matriculados máis de 180 alumnos e alumnas no Programa Universitario de Maiores, o que é unha boa mostra do interese do alumnado sénior desta provincia pola formación que estamos ofertando”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós