DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 05 de xullo do 2017

Cristina Vázquez estará do 4 ao 16 de agosto na universidade alemá

Unha alumna de Turismo consegue a bolsa da Hochschule Bremerhaven para a súa escola de verán

A iniciativa enmárcase no convenio de colaboración existente con esa institución académica


ImageNa súa faciana internacional, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense ten unha especial relación coa Hochschule Bremerhaven, University of Applied Sciences, de Alemaña. Entre as diferentes iniciativas levadas a cabo este curso académico entre as dúas institucións estivo a convocatoria dunha bolsa, sufragada pola universidade alemá, para que un estudante do centro ourensán asista á súa Summer School 2017. A alumna de terceiro curso do Grao en Turismo Cristina Vázquez foi alumna que gañou o proceso de selección, levado a cabo pola facultade do campus.

Rosa Tedín | Ourense
Na súa faciana internacional, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense ten unha especial relación coa Hochschule Bremerhaven, University of Applied Sciences, de Alemaña. Entre as diferentes iniciativas levadas a cabo este curso académico entre as dúas institucións estivo a convocatoria dunha bolsa, sufragada pola universidade alemá, para que un estudante do centro ourensán asista á súa Summer School 2017. A alumna de terceiro curso do Grao en Turismo Cristina Vázquez foi alumna que gañou o proceso de selección, levado a cabo pola facultade do campus.

Ambiente internacional

Segundo explican desde a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, a iniciativa enmárcase dentro do convenio de cooperación existente entre as dúas institucións. Froito del na actualidade ofrécese un grao internacional en Administración e Dirección de Empresas pola University of Applied Sciences Bremerhaven e a Universidade de Vigo, que permite a cinco estudantes do centro ourensán realizar o último curso na Hochschule Bremerhaven e a outros cinco estudantes alemáns facelo mesmo nas aulas ourensás. Ademais cada ano celébrase en Ciencias Empresariais e Turismo a International Week, que permite a estudantes desta facultade compartir unha semana de actividades cunha vintena de estudantes alemáns e un programa de conferencia a cargo de relatores de diferentes países.

No marco da última International Week, Gerhard Feldmeier, vicerreitor da Universidade de Bremerhaven, anunciou na súa clausura a convocatoria desta bolsa co obxectivo de permitir a un estudante da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo ourensá ampliar os seus coñecementos e experiencias “no ambiente internacional” que se vive na escola de verán da universidade alemá, que se celebra durante unha quincena do mes de agosto, concretamente do 4 ao 16 de agosto, e que conta coa participación de alumnado dos diferentes continentes.

Un contacto directo

Cristina Vázquez foi a elixida polo centro nunha convocatoria na que se valorou a participación dos candidatos e candidatas na International Week, o expediente académico e o nivel de inglés, ademais de pasar unha entrevista persoal. “Con moita ilusión” e consciente de que “é unha gran oportunidade para o meu futuro profesional”, Cristina Vázquez recibiu a nova da súa elección. Con esta bolsa, dotada con case 2000 euros, a estudante sinala que profundará o seu coñecemento da cultura alemá. Así, lembra, nos dous últimos cursos ten participado no desenvolvemento da International Week no seu centro e do Joint Seminar, unha iniciativa similar coa universidade alemá HTW Saar, da cidade de Saarbrücken. Ademais, do 10 ao 17 de xuño ela foi unha dos 15 estudantes ourensáns que participaron nun seminario internacional nesta última universidade. Froito de todo este contacto, apunta Vázquez, “dáste conta do contraste cultural que realmente hai” entre españois e alemáns, desde a comida e hábitos de vida ata os horarios. “Desde o punto de vista turístico é moi interesante este contacto directo”, recalca a estudante.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós