DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 10 de xullo do 2017

Na 38th Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics

600 especialistas dos cinco continentes participan en Vigo no congreso internacional de bioestatística clínica

Debaten ao longo da semana os retos de futuro centrados no seu impacto na medicina


ImageA bioestatística clínica estuda modelos e métodos para o deseño e análise estatístico de datos obtidos na investigación clínica, xa sexa a través de ensaios clínicos, de estudos retrospectivos ou rexistros ou ben que proveñan de resultados de estudos anteriores, facendo unha revisión sistemática e un meta-análise. É esta disciplina, polo tanto, esencial para a medicina e para os ensaios clínicos, xa que “pola súa natureza vertebra a propia investigación que se realiza na medicina clínica”. Por este motivo, a Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics, que celebra a súa 38ª edición en Vigo, organizada polo grupo de investigación SIDOR, reúne dende hoxe luns e ata o xoves especialistas do eido estatístico, clínico, epidemiolóxico, farmacolóxico, etc.
O simposio, que arrancou hoxe no auditorio Mar de Vigo, comprende sesións de comunicacións, cursos paralelos, sesións convidadas...

Duvi | Vigo
A bioestatística clínica estuda modelos e métodos para o deseño e análise estatístico de datos obtidos na investigación clínica, xa sexa a través de ensaios clínicos, de estudos retrospectivos ou rexistros ou ben que proveñan de resultados de estudos anteriores, facendo unha revisión sistemática e un meta-análise. É esta disciplina, polo tanto, esencial para a medicina e para os ensaios clínicos, xa que “pola súa natureza vertebra a propia investigación que se realiza na medicina clínica”. Por este motivo, a Annual Conference of the International Society for Clinical Biostatistics, que celebra a súa 38ª edición en Vigo, organizada polo grupo de investigación SiDOR, reúne dende hoxe luns e ata o xoves especialistas do eido estatístico, clínico, epidemiolóxico, farmacolóxico, etc. En total, como explica Jacobo de Uña, catedrático do Departamento de Estatística e Investigación Operativa e presidente do Comité Organizador, son arredor de 600 persoas procedentes dos cinco continentes, dende EEUU, Canadá ou México, pasando por Europa, China, Xapón, Corea do Sur, Tailandia, Sudáfrica, Australia ou Etiopía.

O congreso arrancou este luns no auditorio Mar de Vigo co obxectivo, como remarca De Uña, de “promover o estudo dos principios e métodos relativos ao deseño e análise da investigación clínica e de incrementar a relevancia da teoría estatística na medicina clínica do mundo real”. A aplicación práctica da bioestatística nas ciencias da saúde permite establecer pautas sobre a evolución das enfermedades e os índices de mortantade, avanzar na medicina personalizada, definir os factores de risco ou predisposición a certas patoloxías nunha determinadoa localización, coñecer o grao de eficacia dun medicamento ou reducir o tempo a duración dos ensaios clínicos

400 comunicacións

O simposio comprende sesións de comunicacións, cursos paralelos, sesións convidadas e un día dedicado ao estudantado de doutoramento. En total presentaranse arredor de 400 traballos, entre ponencias orais e pósters e contarase con dous conferenciantes de gran prestixio internacional, Anastasios Tsiasis, profesor de Estatística da Universidade de Carolina do Norte, e Francesca Dominici, decana asociada de Tecnoloxía da Información na Escola de Saúde Pública de Harvard, que abordarán “temas de moitísima relevancia, como son os tratamentos discontinuos e dinámicos en ensaios clínicos”, explica o responsable do grupo SiDOR. O programa científico, “a parte máis relevante e a que dá sentido ao congreso”, contempla ademais oito sesións invitadas “sobre tópicos moi actuais como os datos de alta dimensión ou a simulación de ensaios clínicos”. Paralelamente terán lugar varios mini-simposios na xornada do xoves, “co obxectivo de atraer ao congreso a colectivos que traballan en temas clínicos concretos e tocan temas como a elección do estimado en ensaios clínicos, o modelado de screening en pacientes ou o uso de imaxes en estudos clínicos”. Pola súa banda, o Students’ Day, que será tamén o xoves está pensado para explicar ao alumnado de doutoramento como converterse nunha e nun bo investigador e como preparar proxectos de relevancia bioestatística.

Bioestatística en Galicia

Sobre a elección de Vigo para este congreso, Jacobo de Uña destaca a importancia da institución viguesa neste eido a súa crecente visibilidade. “Na Universidade de Vigo existe un grupo moi activo de bioestadísticos, SiDOR, con moitas colaboracións e contactos internacionais, que vimos realizando dende hai anos investigación de excelencia neste eido”. Ademais neste ano puxeron en marcha a Unidade de Bioestatística e Epidemioloxía no Cinbio que servirá para “fortalecer a investigación multidisciplinar no campo biomédico. A isto únese a recente participación do SiDOR no programa de doutoramento internacional en Bioestatística Mediasres, financiado polo programa Marie Curie da Comisión Europea. Non obstante, De Uña recoñece que en comparación con outros países, o papel clave do bioestatístico está algo menos recoñecido, “o que provoca que en ocasións o deseño dos estudos clínicos non sexa óptimo”, sinala o investigador. “No noso país hai moito percorrido por facer no sentido de acadar unha maior interacción entre departamentos de estatística e bioestatísticos contratados, por exemplo en unidades de investigación hospitalarias”, asegura.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós