DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 11 de setembro do 2017

Nunha nota elaborada polo seu Observatorio Municipal de Galicia

A Rede Localis chama a atención sobre a dependencia económica dos concellos con outros niveis de goberno

No documento tamén analizan a evolución dos principais impostos


ImageO 41% de todos os ingresos non financeiros dos municipios galegos de ata 5000 habitantes proceden doutras administracións públicas. Só o 38% dos ingresos non financeiros derívanse da recadación vía recursos propios ou cedidos aos concellos, o que dificulta a consecución da autonomía fiscal e supón unha forte dependencia económica doutros niveis de goberno. Estes son algúns dos datos e conclusións sobre os que chama a atención a Rede Localis, a Rede de Administración Local potenciada desde ou Grupo Gen da Universidade de Vigo, nunha nota do seu Observatorio Municipal de Galicia feita pública este luns.

Duvi | Ourense
O 41% de todos os ingresos non financeiros dos municipios galegos de ata 5000 habitantes proceden doutras administracións públicas. Só o 38% dos ingresos non financeiros derívanse da recadación vía recursos propios ou cedidos aos concellos, o que dificulta a consecución da autonomía fiscal e supón unha forte dependencia económica doutros niveis de goberno. Estes son algúns dos datos e conclusións sobre os que chama a atención a Rede Localis, a Rede de Administración Local potenciada desde ou Grupo Gen da Universidade de Vigo, nunha nota do seu Observatorio Municipal de Galicia feita pública este luns.

Centrada nos elementos orzamentarios e fiscais dos municipios galegos de ata 5000 habitantes, para a súa análise Locais tomou como fonte a información publicada para o ano 2015 pola Oficina Virtual para a Coordinación Financeira coas Facendas Locais. Desta información salienta como a distribución do gasto medio municipal pivota en tres partidas: custos de persoal (32,8%); gastos habituais dos concellos, por exemplo, o pago de subministracións, compras de bens e servizos (34,8%) e a realización de investimentos (24,6%). “De media, o 33,1% de gasto destínase a servizos públicos básicos (seguridade e mobilidade cidadá, vivenda e urbanismo, benestar comunitario e medio ambiente), o 22,6% a funcións de goberno ou de apoio á xestión municipal e só o 11,4% se destina a actuacións de protección e promoción social”, indícase na nota.

Impostos

Na análise feita polo Observatorio Municipal tamén se aborda a evolución dos principais impostos. Deste xeito, sinálase que o tipo impositivo medio do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana (0,56%) nos concellos analizados é inferior a 0,06 puntos á media nacional deste grupo. Para inmobles de natureza rústica resulta menor en 0,13 puntos. “No 62% dos concellos a revisión catastral do IBI é anterior ao ano 2000 (nun 47% dos concellos a última revisión foi en 1990 ou antes). Isto supón un incumprimento amplo e preocupante da lexislación, xa que a normativa estatal establece un prazo máximo de dez anos para actualizar o valor dos bens urbanos, rústicos e de características especiais”, advirten os expertos da entidade. Ademais, engaden, o coeficiente de situación do Imposto de Actividades Económicas (IAE), que o concello pode graduar para incrementar a recadación por esta vía, sitúase entre o 1,06 para o mínimo e 1,22 para o máximo. Estes valores, indican, son lixeiramente superiores á media estatal, que son de 1,05 e 1,15 respectivamente.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós