DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 19 de setembro do 2017

A iniciativa de Estou conta con 25 prazas dispoñibles

Convócase unha nova edición do curso de monitores de tempo libre

A formación levarase a cabo durante as fins de semana


ImageA Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense (Estou), ao abeiro da Asociación da Universitaria de Ciencias da Educación Auce vén de convocar unha nova edición do seu Curso de monitores e monitoras de tempo libre. 25 persoas terán a oportunidade de, durante as fins de semana de outubro, novembro e decembro, aprender a dinamizar todo tipo de colectivos, desde menores ata maiores. A formación ofrécese nesta edición na súa modalidade intensiva coa intención de facilitar ás persoas interesadas a posibilidade de compatibilizar traballo e/ou estudos coa realización desta actividade.

Duvi | Ourense
A Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense (Estou), ao abeiro da Asociación da Universitaria de Ciencias da Educación Auce vén de convocar unha nova edición do seu Curso de monitores e monitoras de tempo libre. 25 persoas terán a oportunidade de, durante as fins de semana de outubro, novembro e decembro, aprender a dinamizar todo tipo de colectivos, desde menores ata maiores. A formación ofrécese nesta edición na súa modalidade intensiva coa intención de facilitar ás persoas interesadas a posibilidade de compatibilizar traballo e/ou estudos coa realización desta actividade.

A organización abriu este martes o prazo de matrícula, que será por orde de inscrición. Cun enfoque principalmente práctica e orientada á empregabilidade dos participantes, a docencia desenvolverase os venres, sábados e domingos dende o 13 de outubro ata o 3 de decembro. Durante as sesións intentarase dotar aos participantes das ferramentas didácticas precisas para pór en valor cando estean traballando con diferentes colectivos no eido do tempo libre. Os contidos que se abordarán na formación abranguen todo tipo de actividades destinadas á animación sociocultural e do tempo libre, como xogos tradicionais, grandes xogos, veladas, rutas interpretativas, obradoiros de reciclaxe, actividades na natureza e deportivas, expresión musical e corporal, primeiros auxilios, educación para a saúde, animación á lectura, psicosocioloxía, educación en valores, lexislación e saúde ambiental, entre outras cuestións.

Para tratar estas temáticas, na docencia do curso participarán non só profesionais do eido educativo ou da intervención social senón tamén profesionais do eido da historia ou do turismo e persoas que teñen un papel activo na entidade organizadora. Ao rematar o curso, os participantes que cumpran os requisitos obterán un título de monitores de tempo libre acreditado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e poderán ser monitores de tempo libre de todo tipo de públicos. O prezo de matrícula é de 150 euros, contía que se pode reducir a 120 se se opta por facer o pago restante a través de moeda social, é dicir, colaborando coas distintas actividades que pon en marcha Auce.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós