DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Venres, 13 de outubro do 2017

O campus acollerá do 16 ao 20 de outubro unha actividade formativa impartida por Víctor Barro

Un anticipo do Outono Fotográfico en forma de curso

A iniciativa cumpre este ano a súa oitava edición


ImageAínda faltan algunhas semanas para a celebración do Outono Fotográfico en Ourense pero a súa presenza xa comeza a agromar. Do 16 ao 20 de outubro, o campus acollerá un ano máis a celebración do Curso de Iniciación á Fotografía Dixital que imparte Víctor Barro no marco deste certame e coa colaboración da Vicerreitoría. Será a oitava edición dunha actividade que quere ser “un espazo formativo e sobre todo creativo que esperte o fotógrafo que temos dentro de cada un de nós”. Ao longo das catro sesións que se celebrarán no Pavillón I do campus, as persoas inscritas aprenderán a manexar a cámara fotográfica dixital.

Duvi | Ourense
Aínda faltan algunhas semanas para a celebración do Outono Fotográfico en Ourense pero a súa presenza xa comeza a agromar. Do 16 ao 20 de outubro, o campus acollerá un ano máis a celebración do Curso de Iniciación á Fotografía Dixital que imparte Víctor Barro no marco deste certame e coa colaboración da Vicerreitoría. Será a oitava edición dunha actividade que quere ser “un espazo formativo e sobre todo creativo que esperte o fotógrafo que temos dentro de cada un de nós”.

Ao longo das catro sesións que se celebrarán no Pavillón I do campus, as persoas inscritas “aprenderán a manexar a cámara fotográfica dixital e explorarán as regras de composición e iluminación básicas para mellorar as súas fotos de forma sinxela e efectiva”. Os conceptos básicos da fotografía, como son a luz e a composición, e das propias cámaras e o control do proceso fotográfico, deste a toma da imaxe ata a súa edición e uso, serán algúns dos temas sobre os que traballarán os inscritos e inscritas.

"Entender conceptos como a apertura ou o tempo de exposición só é útil se con iso consigo mellorar as miñas imaxes. Facelas como as das revistas, como as dos blogs que me gusta consultar", recalca o docente do curso. Deste xeito, engade, a formación mesturará teoría e moita práctica, con saídas e exercicios, e “a posibilidade de participar na comunidade, a través de Internet, en grupos de fotógrafos dos que poder inspirarse e mellorar no futuro”. O prezo da formación ascende a 50 euros, habendo un desconto especial do 50% para cinco prazas destinadas a membros da comunidade universitaria.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós