DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 29 de abril do 2009

Pablo Beltrán foi o gañador do certame convocado pola Área de Normalización

O "Pracer oral", imponse no concurso de dinamización lingüística “Dálle a lingua”

Presentáronse 3000 propostas de estudantes e persoal da Universidade


Image Falo galego sen compromiso. Pracer oral. Con esta frase respondeu Pablo Beltrán, estudante de 4º curso da ETS de Enxeñaría Industrial, á demanda dunha misteriosa persoa que hai unha semanas empapelou as paredes dos escolas e facultades da Universidade de Vigo na procura de amante galego falante.
Xunto á proposta gañadora que recibiu como premio un computador portátil, outras seis respostas elaboradas por Silvia Costa, Elena González, Manuel Martínez, Sandra Rúa, Enrique Blanco e Severo Javier Costa, obtiveron unha mención especial.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
Falo galego sen compromiso. Pracer oral. Con esta frase respondeu Pablo Beltrán, estudante de 4º curso da ETS de Enxeñaría Industrial, á demanda dunha misteriosa persoa que hai unha semanas empapelou as paredes dos escolas e facultades da Universidade de Vigo na procura de amante galego falante.
Tan inusual petición, descubriuse finalmente que agochaba un concurso da Área de Normalización Lingüística, aberto a toda a comunidade universitaria e no que cumpría que os participantes enviasen mensaxes de reposta a quen procuraba amante galego falante, sendo a orixinalidade, a redacción correcta e o respecto no ámbito de xénero, os factores máis valorados polo xurado.
“Recibimos máis de 3000 propostas de estudantes e persoal da Universidade”, sinalou o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, que asegurou estar “moi sorprendido polo bo acollemento da campaña”. Xunto á proposta gañadora que recibiu como premio un computador portátil, outras seis respostas elaboradas por Silvia Costa, Elena González, Manuel Martínez, Sandra Rúa, Enrique Blanco e Severo Javier Costa, obtiveron unha mención especial. E é que “a calidade foi un dos sinais de identidades das respostas recibidas”, destacou Iván Area que tamén confirmou que o vindeiro ano prevén repetir a iniciativa, “aínda que vai ser complicado volver sorprender á comunidade universitaria, como ocorreu este ano”.

A espontaneidade do lema gañador

Despois de ver na súa Escola os carteis que demandaban amante galego falante, Pablo Beltán entrou no enderezo que se indicaba e puido comprobar que se trataba dun concurso da Área de Normalización Lingüística. “A partir de aí a resposta veume case de súpeto. En cinco minutos tiven clara a resposta: Falo galego sen compromiso. Pracer oral.”, sinala Pablo Beltrán.
O gañador do concurso que recoñece abertamente a calidade literaria dalgunhas propostas, explica que “buscaba da unha idea de compromiso e sen prexuízos, poñendo en valor o uso do galego”.
Aínda que se recoñece castelán falante, este estudante vigués asegura empregar o galego cos amigos que o falan e valora moi positivamente iniciativas como a posta en marcha pola Área de Normalización Lingüística coa finalidade de dinamizar o uso da lingua que afirma Pablo Beltrán “xa que a temos, usémola”.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós