DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Martes, 19 de outubro do 2010

Matemáticas con sabor galego na obra "Demostración"

Os profesores Miguel Ángel Mirás e Carmen Quinteiro coordinaron a tradución desta obra


ImageTrala representación da obra por diversos teatros da comunidade, Miguel Ángel Mirás e Carmen Quintero Santodomingo, profesores do Departamento de Matemáticas, veñen de publicar a tradución ao galego da peza Demostración (Proof), escrita polo dramaturgo estadounidense David Auburn. A xira que emprenderon por toda Galicia levounos ata Santiago de Compostela para participar nos actos de celebración do cincuenta aniversario da licenciatura de matemáticas. Explica Mirás que “ao daquela vicerreitor de cultura gustoulle tanto a nosa actuación que nos animou a publicar a tradución”.

Romina Vázquez | Vigo
Trala representación da obra por diversos teatros da comunidade, Miguel Ángel Mirás e Carmen Quintero Santodomingo, profesores do Departamento de Matemáticas, veñen de publicar a tradución ao galego da peza Demostración (Proof), escrita polo dramaturgo estadounidense David Auburn. Dan así un paso máis no seu proxecto de divulgación do coñecemento científico entre o alumnado.

Hai que lembrar que tres anos atrás estes dous mestres empezaron a traballar co texto para a súa posterior representación teatral por parte de estudantes de Química e Relacións Laborais. A xira que emprenderon por toda Galicia levounos ata Santiago de Compostela para participar nos actos de celebración do cincuenta aniversario da licenciatura de matemáticas. Explica Mirás que “ao daquela vicerreitor de cultura gustoulle tanto a nosa actuación que nos animou a publicar a tradución”. “Posteriormente iniciamos conversas co Servizo de Publicacións, que nos axudou coa maquetación e coas correccións semánticas e sintácticas”, engade.

Finalmente, grazas á financiación do Departamento de Matemáticas sae á luz esta obra que “está tendo unha moi boa collida incluso fóra de Galicia”, segundo palabras do profesor. O certo é que varias publicacións centradas na divulgación de temas matemáticos teñen feito recensións sobre o tema.

Para darlle maior difusión a este proxecto, Mirás planea iniciar unha campaña para que a tradución se use nos institutos como material didáctico, posto que segundo considera “ten un potencial inmenso como ferramenta formativa”. Por outra banda, xa está en conversas coa Facultade de para crear a medio-longo prazo unha colección divulgativa de obras matemáticas, entre elas Arcadia, do checo Tom Stoppard. “Isto é necesario porque en España temos moi poucos autores de teatro que inclúan contidos desta índole nas súas obras, algo que sí sucede noutros países”, explica Mirás.

Demostración

A peza teatral Demostración, está plagada de mencións, máis ou menos implícitas, a temas relacionados coas matemáticas e coas personas que se dedican a estudalas. No seu argumento tamén se presentan reflexións sobre a marxinación das mulleres na historia desta ciencia, sobre a proximidade entre xenialidade e loucura, sobre as drogas e a creatividade, sobre a importancia da idade nos procesos creativos ou sobre os estereotipos dos matemáticos e o seu talento.

Levada ao cine no 2006 por John Madden co título de A verdade oculta, Demostración recibiu un premio Tony e o seu autor, David Auburn, un Pulitzer de teatro en 2001.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós