DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 05 de outubro do 2011

A 'Zeidora antarctica' pertence a un grupo case descoñecido con moi poucos exemplares localizados

Investigadores da Universidade descobren unha nova especie de molusco na Antártida

A identificación do molusco de 14 milímetros vén de publicarse na revista “The Nautilus”


ImageCinco anos de traballo preceden á confirmación do descubrimento dunha nova especie de molusco que pertence a un grupo moi pouco coñecido, formado por 14 especies con moi poucos exemplares localizados. A Zeidora antarctica que comparte morfoloxía coa lapa (Fissurellidae) foi localizada en augas da Antártida dentro do proxecto Bentart do Programa Antártico Español que reúne ademais a unha vintena de institucións nacionais e internacionais entre as que se atopa a Universidade de Vigo. Na institución académica viguesa foron os integrantes do grupo de investigación de Ecoloxía e Zooloxía entre os que atopa ata hai dous anos estudante de doutoramento chileno, Cristian Aldea e o decano da facultade de Ciencias do Mar, Jesús Souza Troncoso, os encargados de analizar os froitos da mostraxe realizada en augas abisais da Antártida, en profundidades que ían dos 45 aos 3000 metros.

Mª del Carmen Echevarría | Vigo
Cinco anos de traballo preceden á confirmación do descubrimento dunha nova especie de molusco que pertence a un grupo moi pouco coñecido, formado por 14 especies con moi poucos exemplares localizados. A Zeidora antarctica que comparte morfoloxía coa lapa (Fissurellidae) foi localizada en augas da Antártida dentro do proxecto Bentart do Programa Antártico Español que reúne ademais a unha vintena de institucións nacionais e internacionais entre as que se atopa a Universidade de Vigo. Na institución académica viguesa foron os integrantes do grupo de investigación de Ecoloxía e Zooloxía entre os que atopa ata hai dous anos estudante de doutoramento chileno, Cristian Aldea e o decano da facultade de Ciencias do Mar, Jesús Souza Troncoso, os encargados de analizar os froitos da mostraxe realizada en augas abisais da Antártida, en profundidades que ían dos 45 aos 3000 metros.

“O descubrimento desta especie nova para a ciencia aumenta o coñecemento dun grupo de moluscos moi pouco común”, explica Cristian Aldea desde o Centro de Estudios del Cuaternario de Fuego, Patagonia y Antártica (CEQUA) en Chile onde actualmente traballa tras finalizar en 2009 o seu doutoramento na Universidade de Vigo. Para Jesús Souza Troncoso, decano da facultade de Ciencias do Mar, “a súa relevancia reside tamén en que se trata dunha especie case xigante para o grupo ao que pertence”. Unha afirmación que pode resultar cando menos sorprendente habida conta de que a Zeidora antarctica mide 14 milímetros, un tamaño, sen embargo, moito maior que os dos demais membros deste xénero que habitualmente non superan os cinco milímetros de lonxitude.

Un lustro na procura dunha nova especie

Os traballos que conduciron á identificación desta nova especie comezaron no ano 2006 co estudo taxonómico dos moluscos e outras especies procedentes das augas da Antártida, pero non foi ata mediados do ano 2011 cando coa publicación da investigación na revista The Nautilus a Zeidora antarctica foi recoñecida como unha nova especie. “Foi un descubrimento inesperado”, sinala Souza Troncoso “porque non se tiñan atopado especies deste grupo máis ao sur de Nova Zelandia polo que é bioxeograficamente moi relevante ao tempo que é un paso moi importante para o coñecemento da Antártida en xeral”. E é que as augas do mar de Bellingshausen, na Antártida, posúen características moi diferentes das que habitan outras especies de Zeidora: oito atopáronse en zonas do hemisferio norte, no Caribe, Xapón, Panamá e no Mar Vermello e as outras seis no hemisferio sur, concretamente nas illas Galápagos, Pascua, Australia e Nova Zelandia.

“Hai especies novas que non se poden recoñecer” explica Cristian Aldea que sinala que “a descrición do traballo fíxose en base a cuncha xa que non había partes brandas no exemplar capturado” Deste xeito o estudo da Zeidora antarctica permitiu amosar o número e tamaño das costelas do molusco pero non a morfoloxía das súas partes brandas, o que apunta segundo Aldea “que se trata dunha especie vivinte e non un fósil”.

De Vigo a Chile estudando moluscos

Nacido en Concepción, zona centro-sur de Chile, hai 32 anos, Cristian Aldea Venegas titulouse en Bioloxía no seu país e posteriormente realizou o doutoramento na Universidade de Vigo onde permaneceu ata o ano 2009. De regreso a Chile continuou traballando na investigación da Zedoira antarctica e na actualidade desenvolve o seu labor no CEQUA estudando os moluscos a través da taxonomía aplicada á busca de procesos ecolóxicos e patróns de diversidade e distribución.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós