DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 07 de decembro do 2011

Entregaranse dous galardóns de 3000 euros aos proxectos máis innovadores

O 23 de decembro remata o prazo de inscrición no Premio Marine Inova

Promovido por Marine Instruments SA e Inova Consultores, en colaboración co Campus do Mar


Enerxías renovables, electrónica, física, informática, telecomunicacións, exploración e monitorización mariña e vehículos non contaminantes son os ámbitos nos que se deberán encadrar os proxectos que concorran á segunda edición do Premio Marine Innova, un galardón promovido polas empresas Marine Instruments S.A e Inova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica SL, en colaboración co Campus do Mar. Cursar estudos de grao, posgrao ou doutoramento en calquera das titulacións que se imparten nas universidades que integran o campus de excelencia internacional e ser menor de 30 anos, son as condicións que deben cumprir as persoas que queiran presentar un proxecto ao premio creado coa finalidade de promover a innovación tecnolóxica entre o estudantado e apoiar o espírito emprendedor.


Duvi | Vigo
Enerxías renovables, electrónica, física, informática, telecomunicacións, exploración e monitorización mariña e vehículos non contaminantes son os ámbitos nos que se deberán encadrar os proxectos que concorran á segunda edición do Premio Marine Innova, un galardón promovido polas empresas Marine Instruments SA e Inova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica SL, en colaboración co Campus do Mar. Cursar estudos de grao, posgrao ou doutoramento en calquera das titulacións que se imparten nas universidades que integran o campus de excelencia internacional e ser menor de 30 anos, son as condicións que deben cumprir as persoas que queiran presentar un proxecto ao premio creado coa finalidade de promover a innovación tecnolóxica entre o estudantado e apoiar o espírito emprendedor.

Investigadores do Campus do Mar e membros das empresas patrocinadoras valorarán tanto a orixinalidade do desenvolvemento tecnolóxico como a eficiencia do deseño dos proxectos presentados e elixirán, por unha banda, o mellor proxecto en Innovación Tecnolóxica que recibirá 3000 euros e terá a posibilidade de facerse unha bolsa para o desenvolvemento/finalización do proxecto e pola outra, un segundo proxecto destacado polo seu emprendemento innovador no ámbito tecnolóxico que igualmente percibirá 3000 euros e que deberá supoñer o inicio dunha posible actividade empresarial innovadora.
A data límite de inscrición na 2ª edición do premio que deberá realizarse na páxina web do Campus do Mar finaliza o 23 de decembro, mentres que a de presentación de proxectos rematará o maio de 2012.

Comercialización de cabaliños de mar e de peixe sapo, premiados na primeira edición

Lara García, licenciada en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo, foi quen de confirmar a través da súa investigación a viabilidade e rendibilidade da comercialización de dúas especies de cabaliños de mar tropicais a través dunha empresa de cultivo integral que abastecería o mercado da acuariofília en Europa. Un traballo que lle valeu o primeiro premio da 1ª edición do galardón Marine Innova.

Mentres, o terceiro premio recaeu en Ignacio Gestoso, alumno de doutoramento do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da universidade viguesa, que se centrou no estudo da viabilidade do peixe sapo como especie comercial, algo que ata o de agora e apesares de ser unha especie autóctona con gran valor comercial, non se levara a cabo.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós