DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio
Mércores, 23 de xaneiro do 2008

O Consello de Goberno ratifica os premiados na convocatoria extraordinaria de fin de carreira e de doutoramento

Máis da metade dos galardoados son do campus de Ourense


ImageO Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou, na súa sesión ordinaria, a relación de Premios Extraordinarios de Fin de Carreira do curso 2006-2007 e os Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao ano académico 2005-2006. En total, repartiranse 36 insignias da Universidade entre os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira, das cales 14 se repartirán a egresados do campus de Ourense, 4 de Pontevedra e 18 de Vigo. No relativo aos Premios Extraordinarios de Doutoramento, repartiranse 21 medallas, oito no ámbito científico, sete no tecnolóxico, tres no xurídico-social e outros tres no humanístico.
Na mesma sesión apoiouse a convocatoria de axudas de Extensión Universitaria para o asociacionismo estudantil e a organización de obradoiros, actividades extraacadémicas e de difusión cultural. Xunto a estes acordos aprobouse tamén a sinatura de convenios para a posta en marcha de estudos de posgrao.

Image
A sesión deste mércores
Jesús Pérez | Vigo
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo refrenda, na súa sesión ordinaria, a relación de Premios Extraordinarios de Fin de Carreira propostos polas xuntas de facultade na convocatoria do curso 2006-2007 e os Premios Extraordinarios de Doutoramento correspondentes ao ano académico 2005-2006 e que lle foron remitidos pola xunta de posgrao. En total, repartiranse 36 insignias da Universidade entre os Premios Extraordinarios de Fin de Carreira, das cales 14 se repartirán a egresados do campus de Ourense, 4 de Pontevedra e 18 de Vigo. No relativo aos Premios Extraordinarios de Doutoramento, repartiranse 21 medallas, oito no ámbito científico, sete no tecnolóxico, tres no xurídico-social e outros tres no humanístico. A relación dos galardoados:
Listado de premiados (14.15 kb)

Descentralízanse as axudas de Extensión Universitaria

Na mesma sesión apoiouse a convocatoria de axudas de Extensión Universitaria para o asociacionismo estudantil e a organización de obradoiros, actividades extraacadémicas e de difusión cultural, xestionadas de maneira independente en cada campus e ás que poderán concurrir todos os membros da comunidade universitaria. En Vigo, a Comisión de Extensión Universitaria será a encargada de avaliar cada unha das propostas que lles chegue, tarefa que lle será encargada, en Pontevedra e Oursense, aos respectivos Consellos de Campus.

Sinaturas para a implatación de POPs

No remate, avalouse a sinatura de convenios con distintas institucións para a posta en marcha dos estudos de posgrao interuniversitario en acuicultura, dirección integrada de proxectos, edición, política lingüística e planificación da língua galega, así como o posgrao oficial en dirección e planificación do turismo. Acordouse tamén participar na dixitalización dos medios públicos de comunicación de Galicia e asinar convenios marco de colaboración coas universidades nacionais de Trujillo (Perú) e An-Najah (Palestina).
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós