DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Mércores, 03 de xullo do 2013

O campus amosa o seu funcionamento diario a un grupo de mulleres con discapacidade psíquica

Universitarias por un día

A iniciativa ten como finalidade fomentar a súa integración na sociedade


ImageProbablemente ningunha delas pensou en entrar na Universidade ao longo da súa vida, pero aínda que non sexa como estudantes, un grupo de mulleres acollidas na residencia de Patos, dependente da Fundación San Rosendo puideron coñecer este mércores a vida universitaria dende dentro. Tras ser recibidas polo vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que lles explicou que os estudantes están xa de vacacións ou estudando para os exames de xullo pero que a vida continúa no campus, “un campus verde, con moitos animais e plantas que se une aos de Pontevedra e Ourense para conformar a Universidade de Vigo”.

Duvi | Vigo
Probablemente ningunha delas pensou en entrar na Universidade ao longo da súa vida, pero aínda que non sexa como estudantes, un grupo de mulleres acollidas na residencia de Patos, dependente da Fundación San Rosendo puideron coñecer este mércores a vida universitaria dende dentro. Tras ser recibidas polo vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que lles explicou que os estudantes están xa de vacacións ou estudando para os exames de xullo pero que a vida continúa no campus, “un campus verde, con moitos animais e plantas que se une aos de Pontevedra e Ourense para conformar a Universidade de Vigo”. Ademais de desexarlles unha produtiva e divertida xornada coa que romper coa rutina diaria, tamén respondeu a algunhas das curiosidades do grupo, que preguntaron entre outros temas, polo Campus do Mar. O vicerreitor explicoulles que “é un dos nosos puntos fortes é o mar, como non podía ser doutro xeito nunha cidade como Vigo” e que se decidiu aproveitar a experiencia acumulada neste eido e, en colaboración coas universidades de Santiago e A Coruña e as catro do norte de Portugal, crear o Campus do Mar, que ten acadado o selo de campus de excelencia”.

Este grupo e mozas, que teñen algún tipo de discapacidade leve, achegáronse ao campus acompañadas polas directoras da residencia, un médico e a directora dun centro de anciáns. O contacto coa Universidade de Vigo xorde a través dunha voluntaria da Fundación San Rosendo e traballadora da institución académica, que tenta, a través destas visitas, fomentar a integración destas persoas na sociedade “a través da función máis humanista da sociedade”, a que traballa para promover a formación integral das persoas, máis aló do coñecemento, segundo explica Marisa Seara.

Tras a recepción por parte do vicerreitor, o grupo realizou unha visita guiada pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade para coñecer a contorna natural do campus e a súa biodiversidade, tentado así espertar nestas mulleres a conciencia ambiental e de respecto pola natureza. Despois, comida no edificio de Ciencias Experimentais e, xa pola tarde, visita ás escolas de Enxeñería Industrial, Telecomunicación e de Minas.

< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós