DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Luns, 23 de marzo do 2015

A Ecimat conta cunha autocaravana que funciona como laboratorio móbil

Investigando sobre rodas

O persoal científico emprégaa principalmente en campañas de mostraxe


ImageA Ecimat conta dende 2012 cun vehículo de apoio á investigación, pero desta volta é un vehículo terrestre, unha autocaravana convertida en laboratorio móbil que poden empregar so investigadores do centro para campañas de mostraxes e na execución de actividades de investigación mariña. De tipo capuchina (responde ao habitáculo sobre a cabina do condutor) conta con seis prazas para durmir segundo a distribución de fábrica pero adaptado ás necidades do traballo investigador, polo que ten os armarios modificados para o transporte de material científico, así como unha neveira de 150 litros e un equipo de purificación de auga por resinas de intercambio iónico de polietileno.

M. Del Río | Vigo
A Ecimat conta dende 2012 cun vehículo de apoio á investigación, pero desta volta é un vehículo terrestre, unha autocaravana convertida en laboratorio móbil que poden empregar so investigadores do centro para campañas de mostraxes e na execución de actividades de investigación mariña. De tipo capuchina (responde ao habitáculo sobre a cabina do condutor) conta con seis prazas para durmir segundo a distribución de fábrica pero adaptado ás necidades do traballo investigador, polo que ten os armarios modificados para o transporte de material científico, así como unha neveira de 150 litros e un equipo de purificación de auga por resinas de intercambio iónico de polietileno.

A mobilidade que ofrece este tipo de vehículo permite a os investigadores facer traballo de campo sen necesidade de regresar ao laboratorio a deixar mostras, por exemplo. Así, é de especial utilidade en campañas nas que hai que recoller mostras de flora ou fauna para despois analizar en laboratorio. Deste xeito, o traballo é máis eficaz e pode realizarse en menos tempos ao non ten que perder horas en desprazamentos. Trátase do modelo Ilusión i630 e que se mercou pola propia demanda dos investigadores en 2012 e financiada con fondos Feder. Este laboratorio móbil conta con equipamentos científicos como un baño termostatizado, un valorador automático e un analizador de tamaño de partículas láser.

De especial utilidade nas campañas de mostraxes

Un dos investigadores que emprega este vehículo é Noé Ferreira, que traballa en colaboración co Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, para levar a cabo unha análise da dispersión da ameixa asiática en Galicia na actualidade. Para a recollida de mostra estableceu un total de 113 puntos iniciais, polo que contar co este laboratorio móbil lle foi de moita utilidade. Explica que empregou a autocaravana para facer as mostraxes polos esteiros de Galicia durante 15 días e ten programada unha nova saída para abril por ríos da metade norte de Portugal, “aínda que dependerá da súa dispoñibilidade”, destaca.

Para Noé Ferreira “dispor dunha ferramenta de traballo como a autocaravana facilita en gran medida a tarefa das mostraxes pois permite facer en continuo todos os puntos previamente deseñados sen ter que desprazarse a pernoctar nas poboacións próximas ou volver a Vigo co conseguinte aforro que supón”. A isto súmase, destaca, o dispor permanentemente dun espazo de traballo nas proximidades e cunha gran capacidade de almacenamento. Neste sentido, destaca que “o refrixerador e o conxelador son de grande utilidade para conservar as mostras a medida que se van recollendo” e este equipamento, os investigadores que traballan neste proxecto incorporan “equipos de medición de parámetros físico químicos da auga ademais de todo o material para facer un primeiro procesamento e etiquetado das mostras, incorporando os reactivos químicos precisos para a conservación das mostras encamiñadas a determinar algúns parámetros específicos”. Con todo, Ferreira recoñece que ten vantaxes pero tamén contrapartidas, principalmente derivadas do seu tamaño, que “dificulta chegar ata os puntos aínda que isto nos deixou bos recordos tentando saír dalgunhas situacións "comprometidas", lembra.
< Ant.   Seg. >

Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós