DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

I Curso de ecografía para estudantes de enfermaría

I Curso de ecografía para estudantes de enfermaría


Hora: 9.30 h
Lugar: Escola Universitaria de Enfermaría

A Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, centro adscrito á Universidade de Vigo, acolle por primeira vez un curso de ecografía, dirixido ao alumnado de cuarto curso. Esta acción formativa, imaprtida polo profesor José Rosales e inserida no Plan de Acción Titorial do centro, desenvólvese en dúas fases, nas xornadas do luns 14 e o martes 15. A primeira sesión centrase nos conceptos básicos en ecografía, mentres que na segunda fase o alumnado terá a oportunidade de realizar ecografías, de xeito que poida adestrarse no manexo básico do ecógrafo e valorar o seu uso nos procedementos e técnicas de enfermaría.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós