DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

1º Ciclo de Cine Asiático: proxección de 'Despedidas'


1º Ciclo de Cine Asiático: proxección de Despedidas

Hora: 20.00 h
Lugar: Auditorio Edificio Cambón, Casco Vello (rúa Oliva, 3)

O Ciclo de Cine e Lingua céntrase na súa sexta edición por primeira vez no cinema dos países asiáticos. Para a segunda proxección a organización elixiu o filme xaponés Despedidas (2008) de Yojiro Takita, unha película que ten como protagonista a un antigo violonchelista que se converte en enterrador para desagrado dos seus veciños.

Esta actividade está organizada ao abeiro da programación cultural da Universidade de Vigo co apoio do Centro de Linguas da Universidade, incluíndo nesta ocasión películas en versión orixinal en inglés con subtítulos en español. A profesora de chinés, xaponés e caligrafía chinesa Lili Wo será a encargada de presentar as películas e moderar o coloquio posterior.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do auditorio.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós