DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Proxección do documental 'Alén do Cosmos'

Proxección do documental Alén do Cosmos

Hora: 20.00 h
Lugar: sala Emilia Pardo Bazán, soto do Edificio de Ferro

Asisten: Pedro Pablo Alonso, director do audiovisual, e Santiago Formoso, o protagonista da historia

O campus de Ourense acolle a proxección do documental Alén do Cosmos, producido por Quadra Producións e dirixido polo xornalista Pedro Pablo Alonso, que recolle o periplo vital de Santiago Formoso, un galego que a finais dos 60 emigrou a Nova York, onde empezou a estudar grazas a unha bolsa deportiva universitaria e acabou gañando a vida como futbolista no lexendario New York Cosmos, xunto a estrelas como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff. O acto, organizado pola Asociación de Maiores Aulas de Formación Aberta do Campus de Ourense, contará coa participación do director do audiovisual e do seu protagonista, Santiago Formoso. A entrada é de balde e aberta a todas as persoas interesadas. 

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós