DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Carreira HappyGoRunnig-Cidade Universitaria

Carreira HappyGoRunnig-Cidade Universitaria


Hora: 11.00 h
Lugar: saída dende a Piscina Universitaria

A carreira HappyGoRunning-Cidade Universitaria é unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo en colaboración con outras entidades e forma parte do Circuíto de Carreiras Populares de Vigo. A xa tradicional carreira 10Km que organiza o Servizo de Benestar, Saúde e Deporte, únese unha modalidade de 6,6 km no mesmo circuito e unha andaina, tamén de 10 km pola contorna do campus e o parque forestal de Beade.

Como vén sendo habitual, será tamén unha boa ocasión para colaborar cunha causa solidaria, neste caso a loita contra a droga, xa que se realiza en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico.

A saída da andaina será ás 09.30 horas dende a Praza Miralles e con media hora de antelación pódense recoller as acreditacións no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria. Para a carreira, as acreditacións poden retirarse no mesmo sitio, pero de 9.30 h a 10.30 h.

A entrega de premios e agasallos será ás 12.30 horas no Teatro Vidal Bolaño.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós