DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Celebración do Día das Letras Galegas 2017

Celebración do Día das Letras Galegas 2017

Hora: 11.30 h
Lugar: Biblioteca Rosalía de Castro do campus de Ourense

O campus de Ourense súmase á celebración do Día das Letras Galegas 2017 cunha programación dedicada ao escritor homenaxeado nesta edición, Carlos Casares. As actividades comezarán cunha adaptación da peza de Carlos Casares As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, dirixida pola docente da Facultade de Ciencias da Educación Isabel Mociño e interpretada por alumnado de cuarto curso do grao de Educación Primaria. Seguiralle unha actuación de Susa Herrera, contacontos e docente do mesmo centro, acompañada por estudantes dos graos de Primaria e Infantil. O acto, aberto a todas as persoas interesadas, contará coa asistencia do alumnado da Escola Infantil do campus de Ourense. A programación dedicada a Carlos Casares continuará en xuño coa exposición As caras dos libros.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós