DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Inauguración de 'Pensar o Dereito II'

Inauguración de Pensar o Dereito II

Hora: 19.30 h
Lugar: salón de graos da Facultade de Dereito

Asisten: Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; e os directores das xornadas, que son Guillermo Suárez, catedrático acreditado de Dereito Romano da Universidade de Vigo; Luís Rodríguez Ennes, catedrático emérito tamén de Dereito Romano da Universidade de Vigo, e Antonio Piña, presidente da Audiencia Provincial de Ourense

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolle o 18 de maio e 1 e 8 de xuño unha nova edición, a segunda, do ciclo Pensar o Dereito. A cita dá continuidade á celebrada en 2011 no Ateneo seguindo a mesma filosofía de entón de xuntar a persoas do eido académico e xurídico para confrontar visións sobre os retos que na sociedade actual se afrontan desde o dereito e abrir canles comunicación entre profesionais de ambos mundos. Deste xeito, a edición deste ano das xornadas leva por título Diálogos entre Universidade e Xustiza. Trala inauguración da cita celebrarase unha mesa redonda sobre Pensar a orixe do dereito como elemento necesario para a construción da sociedade actual, na que participarán, ademais de Antonio Piña e Guillermo Suárez, Juan Alfredo Obarrio, catedrático acreditado de Dereito Romano da Universidade de Valencia.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós