DUVI. Diario da Universidade de Vigo
Inicio arrow Axenda

Axenda

Ver hoxe
Resto do mes
Mes anteior Día anterior
Día seguinte Mes seguinte

Reunión constitutiva do Comité de Xestión e Coordinación do Proxecto RISC Miño-Limia

Reunión constitutiva do Comité de Xestión e Coordinación do Proxecto RISC Miño-Limia

Hora: 12.00 h
Lugar: sala de xuntas da Vicerreitoría do campus de Ourense. Cuarto andar do Edificio de Ferro

Asisten: Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e os socios portugueses no proxecto

O campus de Ourense acolle a reunión constitutiva do Comité de Xestión e Coordinación do Proxecto RISC Miño-Limia. Este proxecto, financiado polo Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (Poctep) 2014-2020, ten como obxectivo o deseño de medidas orientadas a mitigar os efectos dos fenómenos extremos, inundacións ou secas, nesta demarcación hidrográfica internacional. O líder do proxecto é a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os socios a Universidade de Vigo, a Agência Portuguesa do Ambiente e a Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto.

Volver


Duvi. Diario da Universidade de Vigo. | Contacta con nós